domingo, 14 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN





Queridos alumnos e alumnas: 

Estamos ante a última semana deste atípico curso, e para rematar o profesorado do terceiro ciclo quere compartir con vós unha carta, para recordar as experiencias vividas neste ano académico e agradecer o voso esforzo durante estes meses. Sentímonos orgullosos do moito que tedes madurado e de que fósedes quen de superar todas as adversidades.
Esto non pode ser unha despedida, senón un ata pronto, porque no mes de setembro volveremos a vernos e remataremos a fantástica aventura que iniciamos en quinto facendo unha emocionante viaxe a Porto, que seguro será unha viaxe inesquecible.
Gozade do verán (é obrigatorio).
Vémonos pronto :-)







A VOSA OPINIÓN É IMPORTANTE

Para reflexionar sobre a traballo realizado durante esta corentena, precisamos da vosa opinión. Pica na imaxe, escribe o teu nome e curso, contesta ás 10 primeiras preguntas da enquisa, despois, pide á túa nai e/ou ao teu pai que cubra as seguintes tres preguntas. Ao final dálle a enviar.

Pica na imaxe para acceder á enquisa



Despedimos este reto no que cada un de vós loitou por acadar a Conquista da Sabedoría.

Dende, Neville Longbotton, ata Harry Potter, pelexastes por acadar o máximo nivel de coñecemento.

Todos os que vos esforzastes, sodes gañadores, os que superastes o último nivel, hai xa varias semanas, e aqueles que quedastes moi cerca de acadalo.

PARABÉNS!







𒐮RECOMENDACIÓNS PARA O VEN𒐮

📘Le todo o que poidas!
 
Porque a lectura fainos viaxar polo mundo, coñecer a novos personaxes que se converterán en inseparables amigos e vivir milleiros de aventuras! Calquera momento é bo, despois de xantar, na praia, na piscina...
A continuación atoparás varias propostas.

Recomendacións da Biblioteca

  Outras recomendacións

Libros gratuítos en liña


Xornal o Papagaio


📖Non esquezas apuntar todas as aventuras do verán! 

Durante estes meses viviredes aventuras e momentos que, seguramente non queredes esquecer. A mellor forma de que isto non suceda é recollendo todo nun DIARIO.

Crea un diario de verán, ou continúa o teu, fai que se converta nun amigo inseparable e cóntalle todo aquilo que non queiras esquecer. Recorda que o diario é un tesouro que agacha as túas peripecias, sentimentos, emocións...

Escribe bonito, coida a túa letra e a túa ortografía.
Aprende a debuxar as palabras ou perfecciona a túa técnica de lettering, coa axuda da canle de youtube de la Srta. RocknRoll.
Podes practicar a túa ortografía picando aquí.

📷Nos seguintes vídeos, podes ver unhas propostas diferentes para darlle ao teu diario de verán un toque especial con Scrapbook.



Decora o teu diario
 

Como facer a estrutura



💣SIGUE RESOLVENDO MISIÓNS! 

Durante estas semanas a túa valentía permitiuche saír vitorioso de todas as probas e misións que se ían producindo.  Serás capaz  de saír de Azkaban? Pica na imaxe e enfráscate na aventura.

Atréveste a ser todo un Hacker e resolver probas, só aptas para especialistas matemáticos? Pincha na imaxe e accede a esta aventura cibernética!



 


ESCAPE ROOM NIVEL PRO


Deixámosvos aquí, todos os breakouts que levamos feito ata agora, para que poidas repasar os contidos cando ti queiras!


 



 




 


📐Dálle á cachola e convértete nun EXPERTO MATEMÁTICO!

Visualiza e practica todos os Quizziz feitos ata agora, segue xogando coa Pandilla Rejilla e logra resolver operacións de cálculo cada vez máis complexas!
Para non esquecer as táboas de multiplicar practica a diario con esta aplicación:

Practica os conceptos aprendidos accedendo aos enlaces que atoparás a continuación.






💥Fai MAXIA

Sabemos todo o que vos gusta a maxia. Por iso, a continuación deixámosvos uns vídeos para aprender algúns trucos.

E se queres seguir mergullándote no mundo da maxia recomendámoste que visites a sección "Los trucos de Jorge Blass", para converterte nun auténtico mago.
Atreve a aprender e a deixar a todos asombrados! 










💫🔭COÑECE O UNIVERSO!

Aproveita as noites de verán para mirar ao ceo. Se queres coñecer o nome das estrelas recomendámosvos SKy Map. Con esta aplicación, so tes que dirixir a pantalla do teléfono cara ao ceo e verás aparecer as constelacións, planetas, estrelas e resto de elementos, co seu nome.
Podes coñecer outras aplicacións que te axudarán a coñecer o universo picando aquí.



📺Monta o teu propio CINE EN CASA

Elixe unha película que che apeteza ver, invita a túa familia a que a vexa contigo (podes incluso prepararlle unhas entradas, como se fose un cine de verdade), fai flocos de millo e goza dun momento especial. 

En youtube encontrarás máis de 100 películas completas gratuítas.

Tamén, podes coñecer algún xénero novo como a animación xaponesa.
Neste curso falamos de Hayao Miyazaki, lendario cineasta, por ser o ilustrador favorito de Ledicia Costas. Anímaste a coñecer máis sobre a súa vida e obra? Podes facelo vendo os marabillosos documentais que vos deixamos a continuación.

Hayao Miyazaki é un dos fundadores dos Estudios Ghibli, unha das factorías máis prestixiosas que existen no mundo.

Estudios Ghibli: la belleza hecha cine

Podes coñecer cales son consideradas as dez mellores películas do Studio Ghibli picando aquí.




 
As 5 mellores películas dos Estudios Ghibli
Draw my life

Deixamos agora dúas últimas recomendacións deste xénero cinematográfico, que non vos podedes perder.

“Your Name” (Kimi No Na Wa), é unha das películas de anime máis exitosas de todos os tempos. É un film extraordinario que non podes deixar de ver.

A última recomendación é "A Silent Voice" (Unha voz silenciosa), un anime dramático sobre o acoso e o aillamento, que te encantará.
 
YOUR NAME

A SILENT VOICE


👉Aprende linguaxe de signos!

A Silent voice, a película de animación que te acabamos de recomendar, ten como protagonista a Shouka Nishimaya, unha estudante xorda que utiliza a linguaxe de signos.
Gustaríate saber expresarte utilizando as túas mans? Pois non dubides en picar na imaxe e aprende a falar dunha forma diferente.


🍃🌿Goza da natureza! 
  
Sal a dar un paseo en bici, unha camiñada polo monte,... Respira o aire puro e déixate envolver pola natureza e todos os elementos que a compoñen.
Recomendámosche a aplicación Plantyx coa que poderás collecer mellor o mundo vexetal. Só tes que enfocar a cámara do teléfono nunha flor, árbore ou arbusto e sacar unha foto. A aplicación axudarache a identificala proporcionándoche información detallada sobre ela.


😋Convértete nun auténtico MasterCheff!
 
Aproveita estes meses de verán para aprender un pouco sobre cociña, elabora cos teus avós, pais, irmáns unha receita e déixaos sorprendidos cun prato que sexa a delicia de todos. A continuación deixámoste dúas canles de YouTube que che permitirá converterte en todo un experto dos fogóns.




Saca o artista que levas dentro!


FAI ORIGAMI
Non esquezas todas as figuras que apremos a facer, as inesquecibles 1000 grúas de papel, as figuras xeométricas realizadas na semana matemática e tantas outras creacións. Se queres seguir afondando no mundo da papiroflexia, podes visitar a canle de youtube de Jo Nakashima.


DEBUXA
Goza pintando, polo simple feito de facelo, debuxa o que tes ao teu arredor, un cadro abstracto e todo aquilo que che apeteza. 



CREA MANDALAS
Entretente facendo os teus propios mandalas e presume de creacións! Pica na imaxe e accede á canle de Youtube de Camilla Løschbrandt e descobre como.

CREA PULSEIRAS PERSONALIZADAS
Lembras o taller que levamos a cabo na biblioteca escolar para aprender a facer pulseiras? Pois para non esquecelo e poder agasallar aos nosos amigos e familiares con fermosas xoias feitas por nós, podes visitar esta canle.








8 comentarios:

  1. Rita Granger6/14/2020

    Moitas grazas por facer esta páxina tan fermosa. Vémonos pronto!! Un saúdo moi agarimoso para todos!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Querida Rita! Moitas grazas por ser tan amable sempre ;-)

      Eliminar
  2. Ariadna6/15/2020

    Moitisimas grazas por ista hermosura de paxina( bo verán )

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas por facer con tanto cariño esta paxina para nos. Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Boas tardes, Laura e Ariadna, setínmonos moi alegres de que vos agrade, moita grazas polos vosos comentarios :-)

    ResponderEliminar
  5. Rita Granger6/17/2020

    Ola Fani, moitas grazas por facer a videoconferencia, gustoume moito. Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Rita, lamento as dificultades técnicas, pero ás veces son inevitables. Un saúdo moi agarimoso:-)

      Eliminar

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.