domingo, 17 de maio de 2020

PLAN SEMANAL DO 18 AO 22 DE MAIO


PLANIFICACIÓN SEMANAL
(Do 18 ao 22 de maio)


Queridos alumnos e alumnas: 

Como sabedes o domingo 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, polo que, nesta planificación semanal faremos unha homenaxe a nosa fermosa lingua. Esperemos que gocedes de todas as actividades.

https://drive.google.com/file/d/17HhwQrTGzyZP-D72xvz8DdQ6KsEUWlyk/view?usp=sharing




Propoñémosvos empezar a semana con moita alegría cantando e bailando esta canción de Brinca Vai!
 En galego falo,
en galego sinto,
en galego canto.
Sabes que non minto!
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo,

Meu o mundo é!


Lembra que continuamos...

Entrega todas as tarefas semanais e pasa de nivel!


----- LINGUA CASTELÁ-----


A mestra Joana proponvos resolver unha misteriosa desaparición, para conseguilo deberedes botar man dos coñecementos adquiridos durante este curso, Serás quen de conseguilo?


⌛eL GIRATIEMPO DESPARECIDO

Queridos magos y magas, estáis alcanzando poderes inimaginables.
Semana a semana vais resolviendo las misiones y recuperando las reliquias. ¡Vuestro poder es asombroso!
La misión que se nos presenta esta semana es de extrema dificultad. A diferencia de las anteriores, en esta ocasión las misiones están bloqueadas, sólo accederéis a la siguiente misión si desbloqueáis la anterior, pero cuidado, si cometes un error deberás volver a empezar desde el principio, por lo que te recomiendo que uses lápiz y papel y vayas anotando tus respuestas.


https://view.genial.ly/5eba5a8ab618f00d9953e1e0/game-breakout-giratiempo

¿Serás capaz de encontrar el GIRATIEMPO de Hermione? 
Pincha en la imagen vete a INTRODUCCIÓN y lee atentamente.
Dirígete al apartado de la MISIÓN, obtendrás valiosas pistas. Mira el vídeo.
Dale a EMPEZAR. Realiza la primera misión y vete desbloqueando las misiones hasta llegar a la caja fuerte. ¡Cuidado! Si fallas deberás volver a empezar.
Anota las pistas que te van dando los profesores de Hogwarts, te harán falta para abrir la caja fuerte.
Si logras salir victorioso de esta misión, conseguirás descubrir donde estaba el giratiempo.
Mándanos un whatsApp con el nombre de la sala y recibirás tu recompensa.

😍MATILDA😍

https://youtu.be/7i-hSS2xYTI Matilda es el título de un hermoso libro que empezamos a conocer la semana pasada, investigando sobre su personaje principal, leyendo los primeros capítulos y viendo su divertida película.

¡LEEMOS MATILDA! 
En la planificación anterior indicamos que debíais leer los seis primeros capítulos del libro, hasta la página 25. Si prestaste mucha atención en tu lectura, podrás realizar sin dificultad, las siguientes actividades.


TAREA 1:Pincha en las imágenes y realiza los kahoot!

CAPÍTULOS 1 al 4
https://kahoot.it/challenge/0224066?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1589699039217
 CAPÍTULOS 5 y 6
https://kahoot.it/challenge/0929401?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1589699712989

TAREA 2
Accede al libro de Matilda pinchando sobre la imagen y lee con mucha atención, los capítulos "La señorita Honey" y "La Trunchbull". A continuación haz un pequeño texto en el que respondas a las siguientes cuestiones:
a) ¿Qué habilidades demuestra Matilda en su primer día de clase?
b) Describe con tus palabras a la señorita Honey.
c) ¿Cómo reacciona la Srta. Honey al comprobar la capacidad intelectual de Matilda?

TAREA 3
Accede al libro de Matilda pinchando sobre la imagen y lee con mucha atención, los capítulos "Los padres" y "Lanzamiento de martillo". A continuación haz un pequeño texto en el que debes responder a las siguientes preguntas:
a) ¿Para qué fue la Srta. Honey a ver a los padres de Matilda? ¿Cómo la recibieron?
b) ¿Qué les cuenta Hortensia a Matilda y a su amiga?
c) ¿Qué tipo de castigos imponía la directora? Pon tres ejemplos.



----- LINGUA GALEGA-----


📖Ricardo Carvalho Calero📖

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao autor Ricardo Carvalho Calero, por iso é obrigado comezar esta sección facendo unha homenaxe á súa figura. Mira o seguinte vídeo e coñeceralo un pouco mellor.


Para demostrar os teus coñecementos e afondar un chisco máis na súa vida e obra, as mestras Alba Carril e Ana Sánchez elaboraron este xenial recurso. 
 O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

Serás quen de resolver este misterio?
⓵Pica na imaxe e segue as instrucións.
⓶Realiza as probas. Por cada proba superada obterás un número, anótao na orde indicada, precisaralos para abrir a maleta. 
⓷Se logras saír victorioso desta misión, conseguirás descubrir 4 obras de Ricardo Carvalho Calero.
⓸Envía un correo co nome das obras ou a foto da última pantalla e recibirás a túa recompensa.
 
 BÚSCASE SLOGAN!📢

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjwP6WHBNvHNrDXZ6Xzx5hkWIxjM6M9z7927FfacKj1d4uRkv8bdXyLeUvrA_zmRKKjD6gRLBY-RI2fI6i5yvT24jtHy9_m8nwxfiXd8VkjUMyHcYNQH9nmXok5yn8gq0mNF41aW3ulKYEF/s1600/B%25C3%259ASCASE+SLOGAN.jpgO Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do noso colexio, propóñenos crear un slogan que anime a FALAR, a SENTIR, a LER, a CANTAR,... a NAMORAR en Galego!

⓵Pensa nunha frase que anime a falar, sentir, ler, cantar,... en galego.
⓶Acompaña a túa frase cun debuxo.
⓷Envía a foto ou PDF da túa creación ao noso correo.

Axúdalles a atopar un Slogan que poña en valor o Tesouro da NOSA LINGUA!



Non esquezas visitar o blog do EDLG para coñecer todas as súas propostas.


💌Atinando nos recordos💌
A semana pasada cada un de vós escribiu unha carta a un usuario da asociación de AFAGA, durante esta semana serán entregadas e esperamos con moita ilusión as súas respostas.

Podedes ver as vosas cartas aquí.

 AFAGA Alzhéimer e o CEIP de Atín – Cela de Mos inician un proxecto interxeracional basado no envío de cartas

Picando na imaxe accederedes á noticia 


https://fagal.org/afaga-colexio-interxeracional-gl.html

Publicado en La Voz de Galicia "Lecciones por carta desde Mos" onde se relata a experiencia de intercambio de cartas entre os usuarios de AFAGA e o alumnado de 5º e 6º de EP do noso colexio.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/mos/2020/05/23/lecciones-carta-mos/0003_202005V23C5991.htm


  👑DÍGOCHO EU! 👑
A semana pasada comezamos a recibir os vosos vídeos. Lembrade que os que non os enviastes aínda, debedes facelo a maior brevidade.
Podedes ver os vosos vídeos picando aquí
Rita recoméndamos que vexamos este fragmento do Luar onde Esther fala do noso programa favorito e ademais inclúese a súa visita ao noso colexio. Que bonito foi velo! 😍




--------- CIENCIAS NATURAIS--------- 
Crea o teu propio parque eólico
Esta semana o mestre Óscar proponnos traballar coas fontes de enerxía e crear o noso propio parque eólico. Segue as instrucións e converteraste nun enxeñeiro experto.
Tés todos os detalles das misións picando nelas: Misión 14 e Misión 15.

Coñece máis sobre a enerxía eólica vendo o seguinte vídeo.


 
Prepara os materias que vas a precisar:
    • Tapóns de plástico: 4 unidades por cada muíño.
    • Dous paus redondos para cada muíño.
    • Pegamento: no vídeo emprega silicona quente, en caso de non ter, podes utilizar cinta americana ou outro pegamento que teñas en casa.
    • Para as aspas do muíño podes utilizar 3 coitelos de plástico (se tés en casa e os podes reutilizar, prohibido mercar, Zero Waste!). Os coitelos poden ser substituídos por: cartón ou plástico de botella recicladas.
    • Parafuso, que podes substituír por un lapis con punta (ou un bolígrafo de punta)
Visualiza o vídeo e fíxate moi ben nas súas indicacións. 

Constrúe o teu parque eólico seguindo as instrucións do vídeo.

Grava un vídeo explicando o seu funcionamento, tendo en conta as seguintes condicións:

🅰Prepara un guión antes de gravar no que inclúas estes aspectos: empeza coa túa presentación e dicindo en que consiste a túa maqueta, explica ademais, que é a enerxía eólica, como funciona un muíño de vento e para que se emprega a enerxía xerada con eles.
🅱Debe ser un vídeo curto de como máximo un minuto.
🅲Grava só a túa creación, non as caras das persoas.
🅳Nomea o teu vídeo: curso + nome + parque eólico, por exemplo, 6ºA MARTÍN, parque eólico.
🅴Envíao como arquivo adxunto ao teu correo ou súbeo a google drive e envía o enlace asegurándote de facelo público para que podamos acceder a él.

Podedes ver as vosas fantásticas creacións picando na imaxe.
https://drive.google.com/drive/folders/1ySg_Jg-J2dyo0lre_ifCb5EUiyoH4djn?usp=sharing


 ----- MATEMÁTICAS-----

En matemáticas realizaremos un kahoot! dos contidos traballados a semana pasada, e continuaremos o repaso de conceptos vistos ao longo do curso.

Repasamos os números romanos
https://kahoot.it/challenge/08616879?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1587202078029 Debes volver a ver os vídeos e xogar ao quizizz para asegurarte de que dominas os conceptos básicos.
Fai o Kahoot! identificándote co teu nome e clase, por exemplo, LAURA 6ºA. Xoga só unha vez e lembra que estará dispoñible o luns e o martes.

Operacións combinadas
Nalgunhas ocasións debemos calcular o valor dunha operación combinada de números. É dicir, interésanos realizar varias operacións con algúns números. Recordaremos como resolver a combinación de operacións de suma, resta, multiplicación e división.
En primeiro lugar, recordaremos como resolver a suma de números con distinto signo (vídeo 1) e practicaremos facendo un Quizizz.
Despois, veremos un vídeo sobre a xerarquía das operacións (vídeo 2), xogaremos de forma interactiva (vídeo 3) e faremos unha ficha de exercicios.


VÍDEO 1 
La suma de números de diferente signo


Quizizz Vídeo 1
 VÍDEO 2
Jerarquía en las operaciones combinadas




VÍDEO 3 
Juego interactivo sobre la jerarquía de las operaciones




FICHA
https://drive.google.com/file/d/12l--YOixyIW78s0YMdtZinjYTvofde4D/view?usp=sharing


IMPORTANTE: aqueles que teñades dificultades para ver os vídeos nos vosos ordenadores, podedes facelo nun teléfono móbil ou copiar as URL que vos deixo a continuación na barra de direccións.
Vídeo 1: https://youtu.be/2AFZpUbGulk
Vídeo 2: https://youtu.be/esA9tIAxG-4
Vídeo 3: https://youtu.be/Gadj37klXbw

🎯Cálculo Mental🎯
http://lapandilladelarejilla.es/juegos-tablas-de-multiplicar/Xa practicamos as táboas con decimais ata o número 9, continuaremos esta semana coas multiplicacións con decimais dos números 10 e 11.

Como enviar os teus resultados? 
Realiza o exercicio indicado e accede á grella de resultado.
Comproba que os teus resultados son do 80% ou máis, senón é así, repite o exercicio.
Fai unha foto á pantalla e gárdaa. 
IMPORTANTE! Pon nome á túa foto, curso + o teu nome + exercicio realizado, por exemplo: 
6ºB AARÓN, x10


------ CIENCIAS SOCIAIS-----
Podes acceder á proposta da mestra Viqui para esta semana picando aquí.

--------- PLÁSTICA---------

Visitamos o museo de Joan Miró
O luns 18 de maio é o Día Internacional dos Museos e para conmemorar esta data a mestra Nerea proponnos unha interesante actividade na que Visitaremos o Museo de Joan Miró e coñeceremos máis a vida deste artista e a súa obra.

https://drive.google.com/file/d/1SbbnJS6fE6Xi0x7vFECBJAsDtUue2sql/view?usp=sharing
Pica na imaxe para acceder á infografía

🅰 Pica na imaxe e accede a infografía.
🅱 Le e investiga sobre a vida e obra de Joan Miró.
🅲 Visita o seu museo de forma virtual.
🅳 Realiza a túa propia obra de arte, imitando un dos seus cadros.
🅴 Non esquezas firmar a túa obra tal e como Joan Miró o faría.
🅵 Envía a túa creación á mestra Nerea: nereaestevez@edu.xunta.es

Podedes ver as vosas marabillosas creacións picando na imaxe.

https://drive.google.com/drive/folders/1I1EJ8A2Gn1o9MwIC7pi9Q7d_QBWmYk0y?usp=sharing

------ VALORES------
O mestre Eduardo lémbravos, que os que non fixeron esta actividade, teñen de prazo ata o venres 22 para entregala.

O 17 de maio celébrase en todo o planeta o Día Mundial da Reciclaxe, unha cita promovida pola Unesco e que ten como obxectivo principal concienciar á sociedade acerca da importancia de tratar os materiais de refugallo de forma axeitada para portexer o medioambiente e evitar así contribuír ao cambio climático.

Como Reduces, Reutilizas e Reciclas ti os materiais de refugallo?

Le a noticia "Consejos útiles para poner en práctica las tres erres: reducir, reutilizar y reciclar"
Enumera 5 accións que levedes a cabo no teu fogar para RRR. Por exemplo: eu emprego na horta, as botellas de auga como invernadoiros para os pementos e os tomates.
Coida a presentación e revisa o teu escrito para asegurarte de que non cometeches faltas de ortografía.
Envía o teu texto como correo adxunto ao mestre Eduardo. eduardoalonso@edu.xunta.es

------ ENGLISH ------

A teacher Rosa achégavos un titorial para poder acceder facilmente ao Libro de lectura, pica na imaxe e segue as indicacións.

https://drive.google.com/file/d/1YoBZ9FLwOG2W4f0uAiSeQ81zqqQZ4Cb9/view?usp=sharing

23 comentarios:

  1. Queridos alumnos e alumnas, FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

    ResponderEliminar
  2. Rita Granger5/17/2020

    Encántame a páxina desta semana!! E FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODO@S!!

    ResponderEliminar
  3. ariadna5/18/2020

    FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS

    ResponderEliminar
  4. Rita Granger5/18/2020

    Ola Fani. Na entrada de "Atinando nos recordos" non me deixa acceder ás cartas. Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bos días Rita, grazas por avisar, cambio o enlace agora :-)

      Eliminar
    2. Ola Rita, proba agora que xa cambiei o enlace e ten que ir... Saúdos

      Eliminar
  5. fani son tania non podo abrir o das cartas de ecordos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Tania, proba agora que ten que ir. Saúdos

      Eliminar
  6. Rita Granger5/18/2020

    Ola Fani, son Rita, xa me deixa acceder. Moitas grazas

    ResponderEliminar
  7. Rita Granger5/18/2020

    Fani, o outro día Esther de dígocho eu foi ao Luar, e pexeron o vídeo de cando saímos nós!!
    Déixoche o enlace:

    https://www.youtube.com/watch?v=LBxm2uxLnjI

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bos días Rita, moitas grazas por recomendarme o vídeo. Xa está incluído na entrada para que o podan ver todos os compañeiros e compañeiras. Un saúdo

      Eliminar
  8. MOITOS PARABÉNS A VALERIA, POLO SEU ANIVERSARIO!!

    ResponderEliminar
  9. felicidades Valeria son Tania

    ResponderEliminar
  10. Rita Granger5/20/2020

    PARABÉNS VALERIA!!

    ResponderEliminar
  11. Lady Zanahoria (Alias Alba)5/21/2020

    parabéns Valeria

    ResponderEliminar
  12. ENGLISH: fixádevos que ao final desta entrada a teacher Rosa déixavos un titorial, para acceder facilmente ao libro de lectura. Saúdos

    ResponderEliminar
  13. CARTAS AFAGA: publicouse un artigo no que se dá a coñecer esta fermosa actividade.
    Titulado "AFAGA Alzhéimer e o CEIP de Atín – Cela de Mos inician un proxecto interxeracional basado no envío de cartas", podedes lelo íntegro nesta entrada. Saúdos

    ResponderEliminar
  14. Rita Granger5/22/2020

    Grazas! E cómo nos dan as respostas?

    ResponderEliminar
  15. RESPOSTAS ÁS VOSAS CARTAS: o luns recibiredes as súas respostas. Gustáronlle moito as vosas cartas e fixeron as súas con moita ilusión. Así que para a semana xa tedes correspondencia ;-)

    ResponderEliminar
  16. LA VOZ DE GALICIA: hoxe recóllese neste xornal un artigo sobre as cartas que estamos intercambiando cos usuarios de AFAGA, un bonito artigo que recomendo que leades nesta mesma entrada.

    ResponderEliminar
  17. que bonita noticia grazas por colgala son Laura

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Querida Laura, alégrome moito de que che guste:-)

      Eliminar

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.