ESTAMOS EN CONTACTO: durante este período podes consultar as túa dúbidas e enviar os teus traballos ao noso correo electrónico:
- estefaniapuga@edu.xunta.es
- armindo@edu.xunta.es
Ademais, habilitaremos os comentarios do blogge para que podades facer as vosas reflexións. Lembrade que debedes utilizar este apartado con responsabilidade, pensa antes de escribir, utiliza unha linguaxe respectuosa e coida a túa ortografía. Para facer as túas consultas pincha na palabra "comentarios" ao final desta entrada.
INFORMACIÓN sobre o Coronavirus: é importante que todos esteamos informados, pero lembra que non toda a información que nos chega é fiable, non difundas bulos! (Non digas bulos, di trolas, mentiras,... Dígocho Eu!) Se tes dúbidas podes ver os vídeos que deixamos a continuación, e obter máis información na páxina do Coronavirus da Xunta e na páxina do Ministerio de Sanidade.
Que debes saber do novo Coronavirus?
|
Medidas do estado de alarma
|
HORARIO: Agora que xa sabes máis sobre esta pandemia e da necesidade de permanecer nos nosos domicilios, debes organizar o teu tempo. É fundamental seguir unha rutina e para iso é conveniente ter un horario. Aquí deixamos un exemplo de tarefas que deberías facer cada día. Deberás anotar o tempo dedicado a cada unha delas. Podes descargar o teu horario aquí.
RECOMENDACIÓNS PARA CASA: é importante que durante a corentena (e non "cuarentena", dígocho eu!) cumpramos unhas normas que favorezan unha boa convivencia, que nos concienciemos da importancia de ter unha actividade física, de participar nas tarefas domésticas,... así conseguiremos que este tempo sexa moito máis divertido e produtivo. Podedes ler todas estas recomendacións nunha marabillosa infografía que elaborou a titora de 5º, para acceder a ela pincha aquí.
ACTIVA O TEU MODO SOLIDARIO! Nestes momentos hai moitos xestos de persoas que, de maneira solidaria, está axudando aos demais: hai adultos que se ofrecen para facer a compra a aqueles que non poden saír da casa, ou quedan cos fillos daqueles pais e nais que teñen que seguir traballando, persoal sanitario xubilado que se ofrece voluntario para axudar... Aquí tes máis exemplos:
Aplausos solidarios como homenaxe aos sanitarios | Festival musical "Yo me quedo en casa" do 13 ao 15 de marzo para concienciar sobre a necesidade de quedar na casa. |
Investiga sobre estas iniciativas e fai unha entrada no teu 📘DIARIO📘, explicando en que consisten e a túa opinión persoal.
💥E ti, pensaches en como podes axudar? Como podes dar ánimos aos teus amigos e familiares para que permanezan nas súas casas? En que forma podes expresar o teu agradecemento aos sanitarios que están coidando da nosa saúde? Propoñémosche estas ideas:
💥E ti, pensaches en como podes axudar? Como podes dar ánimos aos teus amigos e familiares para que permanezan nas súas casas? En que forma podes expresar o teu agradecemento aos sanitarios que están coidando da nosa saúde? Propoñémosche estas ideas:
💥Agora tócache a ti! Utiliza a túa imaxinación e envía as túas propias ideas (manualidades, debuxos, entradas ao voso blogge, composicións musicais,...) ao noso correo electrónico e recibe 10 puntos extra no ClassDojo.
As vosas propostas serán subidas ao blogge e servirán de inspiración para os demais, anímate a participar!
💪Explota os teus SUPERPODERES! Como podes sacar o máximo partido aos teus poderes? Pois practicando... Aquí deixo algunhas opcións:
BAILA |
Día do Pai (xoves, 19 de Marzo) aquí tes algunhas ideas...
Tarxetas sinxelas
|
Papiroflexia
|
Tarxeta Pop-up
|
Tarxeta Scrapbook
|
💖 E AQUÍ ESTÁN AS VOSAS CREACIÓNS:
🔎 Temos alma de CIENTÍFICOS! Somos curiosos e curiosas e iso permítenos aprender, e como debemos cultivar todos os ámbitos e non so o artístico, aí van as tarefas de ciencias... Ánimo, xa queda menos!!
CADERNO DE CN
Pon o teu caderno ao día e fai as actividades.
|
TAREFAS DE CS
|
📐 E das MATEMÁTICAS, que? Estou orgullosa de que á maioría dos alumnos e alumnas de sexto, lle gusten as matemáticas!! 😊 Así que, aí van as tarefas destes días.... 👏👏👏
Xa sabedes que tedes que acabar o caderniño de "Números positivos e negativos" e con isto, damos por rematado o tema.
Iniciamos agora outra lección: "LOS NÚMEROS DECIMALES". A seguinte grella recolle o traballo a realizar, recomendamos que fagades un apartado cada día, primeiro visualiza o vídeo explicativo e despois fai os exercicios. Lembra que podes preguntar as dúbidas pinchando na palabra "comentarios" que atoparás ao final desta entrada. Ánimo!!
TEMA: "LOS NÚMEROS DECIMALES"
1º DÍA
"Introducción a los números naturales"
Caderno: exercicios da páx. 34
|
2º DÍA
"Números decimales. Operaciones básicas"
Practica as multiplicacións e divisións da unidade seguida de ceros (ver grella "Multiplica e divide pola unidde seguida de ceros")
Caderno: exercicio 3 da páx. 36
|
3º DÍA
"Sumar y restar números decimales" Caderno: exercicios 1, 3 e 4 da páx. 35 |
4º DÍA
"Multiplicación de decimales" Caderno: exercicios 1, 2 e 4 da páx. 36 |
5º DÍA REPASO o vídeo "Multiplicación de decimales" Caderno: realiza os problemas da páxina 37. |
6ºDÍA
"División de decimales" Caderno: exercicios 1, 2 e 3 da páx. 38 | 7º DÍA REPASA o vídeo "División de decimales" Caderno: realiza os exercicios da páxina 39 |
8º DÍA
Caderno: exercicios da páx. 40 9º DÍA Caderno: problemas da páx. 41. |
MULTIPLICA E DIVIDE POLA UNIDADE SEGUIDA DE CEROS
Debes practicar o cálculo a diario. Podes realizar cada día unha das probas da Pandilla Rejilla, clicando nos seguintes enlaces. Lembra que canto máis practiques, mellor o farás e cando volvas conseguirás moitos puntos no ClassDojo.
PANDILLA REJILLA
MULTIPLICACIÓNS CON DECIMAIS
|
PANDILLA REJILLA |
Para repasar a lección fai estes "Problemas de Cálculo Mental de Números Decimales", clicando na seguinte imaxe:
👑 EXERCICIOS DE AMPLIACIÓN, PARA OS MATEMÁTICOS NIVEL PRO:
Esta sección vai especialmente dedicada a alumnos como Elías de 6ºB, aos que lle encantan as matemáticas. Os exercicios de Matemáticas Nivel Pro son voluntarios, non é obrigatorio facelos.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
📖 Lectores e escritores ✏ Esta é a vosa sección!! Xa sabedes que debemos ler todos os días, un capítulo dun libro que vos prefirades e que debedes entregar (se non o fixestes xa) dúas fichas de lectura de LG e outras dúas fichas de lectura de LC.
- Lingua Galega:
💌Caderniño de poesía: debes rematalo durante estes días.
📜Caligrama: fai un caligrama tendo en conta as indicacións establecidas no blogge e envíanolo ao correo.
🔮"Un frasco para lembrar": pensa na persoa a que non podes ver durante estes días (avó, tía, amiga, compañeiro de clase,...) crea o teu "Frasco para lembrar" e demóstralle canto a queres! Faille unha foto e envíanola ao correo.
🍴Receita de bocadillos: debes pasala ao ordenador para poder facer o noso propio libro de receitas. Envíao cando o teñas, para poder montalo o antes posible. Podes ver as receitas enviadas ata o momento pulsando aquí.
👩Misión "Lapbook Ledicia Costas": farás unha contribución ao Lapbook, que podía facerse en parellas, pero que debido á corentena, pasa a ser individual. Podes consultar as características da misión pulsando aquí.
- Lingua Castelá:
📙 Lectura: nestes días que non podemos ir á biblioteca, nin a unha librería, agradecemos iniciativas como a de Planeta que nos proporciona libros dixitais de forma gratuíta. E grazas a mestra Nerea descubrimos estes enlaces 😉
- Mi nombre es Stilton, Geronimo Stilton.
- Las Crónicas de Narnia. El león, la bruja y el armario.
- Mi nombre es Stilton, Geronimo Stilton.
- Las Crónicas de Narnia. El león, la bruja y el armario.
📋 Cuaderno "La descripción de un lugar": debeis acabarlo (los que no lo entregaran ya) y recordando lo que aprendisteis describir lo que veis desde vuestra ventana. Podeis hacerle una foto a vuestra descripción o pasarla a ordenador y mandárnosla en formato PDF a nuestro correo. La descripción debe terner un título, estar escrita en letra minúscula y puede contener además un dibujo o una fotografía para ilustrar. Estamos deseando descubrir que se ve desde vuestra ventana!
La última actividad del cuaderno "La descripción de un lugar" os propone que Participeis en la elaboración de una Guía de Viajes, describiendo uno de los lugares de Galicia que consideres imprescindibles. Pinchando aquí podrás leer vuestras descripciones.
💌 Cartas de ánimo para pacientes aislados: os invito a participar en esta bonita iniciativa de Cristina, una médico del Hospital de La Princesa de Madrid que, ante la soledad de las personas que se encuentran en aislamiento infectadas por coronavirus y que no reciben más visitas que una diaria del médico, ha tenido una idea. Se le ha ocurrido que escribamos cartas dirigidas a animarlas y calmar la ansiedad que sufren no sólo por padecer coronavirus, sino, por no poder estar acompañados de los suyos. Puedes obtener más información sobre esta iniciativa pulsando aquí.
TAREA: escribe una carta para animar a los pacientes hospitalizados con coronavirus, en la que le des ánimos. Puedes acompañar tu carta de un dibujo. Tu carta debes remitirla a nuestro correo, en formato PDF. Y para que le lleguen a los enfermos puedes enviarlas al correo:
cartas.venceremos.covid19@gmail.com
Estas cartas deben estar escritas en castellano, ya que serán enviadas fuera de Galicia.
Tú, puedes hacer algo! Participa!
Quizás encontreis inspiración en esta preciosa canción...
|
Pincha sobre el sobre y podrás leer vuestras cartas.
|
-----------------------------------------------------------------------------------
📌 Misión Especial para os amantes de Harry Potter. Pincha sobre a imaxe e accederás ao blogge de 5º e ao final da entrada, poderás participar na recuperación da variña de sauco, serás quen de conseguilo?
----------------------------------------------------------------------------
- TAREFAS DOS ESPECIALISTAS: na páxina web do colexio tedes o traballo que os mestres e mestras especialistas prepararon para estes días. Tamén podedes acceder a eles clicando en cada especialidade...
Bos días alumnos e alumnas, podedes deixar aquí os vosos comentarios e dúbidas sobre a tarefa. Estamos en contacto. Moito ánimo!
ResponderEliminarOla Fani! (Alias profesora McGonagall) :) Grazas por subir estas cousas ao blogge e tamén por habilitar os comentarios, (así é máis fácil comunicarnos!). Se podes, poderías publicar no blogge os novos vídeos de dígocho eu, xa sabes, dí corentena e non "cuarentena" e tamén vin outro que era "cómo estás levando a corentena?".Tamén queríache recomendar a unha youtuber de HP que se chama Capa Invisible.Unha aperta, Rita.
ResponderEliminarQue ilusión me fixo ler o teu comentario! A min tamén me encantan os novos vídeos de Dígocho Eu! E paréceme xenial poñelos nesta entrada. Con respecto a HP, podemos facer unha entrada nova ou subir vídeos ao voso blogge,... Xa me irás contanto que prefires. Un saúdo.
ResponderEliminarQuerida McGonagall:
ResponderEliminarQuero felicitarche polo traballo que estades a levar e gustoume moito que tanto ti coma Joana puxerades os comentarios.
Aínda que o noso blogue sea o outro este tamén e moi imprescindible.
unha aperta.
UN CORDIAL SAÚDO, LUCÍA D. (5º)
Moitas grazas polo teu comentario Lucía, alégrome de que che guste :-)
ResponderEliminarOla Fani, son Rita outra vez. Unha pregunta, o caligrama vale facelo en word art? ou hai que facelo en papel?
ResponderEliminarSe es quen de facelo no Word Art, adiante! O resultado seguro que será fantástico ;-)
ResponderEliminarHola soy Manuel de 6A.Lo de ciencias naturales hay que copiarlo todo?
ResponderEliminarOsolo hay que hacer las actividades?
ResponderEliminarBos días Fani!! Son Rita outra vez. Queríache recomendar un vídeo que vin mooooi gracioso de HP. Estaría moi ben se o poderas subir a un pouquiño de sentidiño na etiqueta de HP. Aquí déixoche aquí a dirección do vídeo :
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=rvyucg0wkaA
Unha aperta, Rita
Ola Manuel, xa sabes que en CN temos que copiar a teoría e facer as actividades. O voso caderno ten que ter os mesmos contidos que o arquivo do blogge. Parece moito, pero non o é... ademais agora temos tempo para facelo. Moito ánimo Manuel. Estamos en contacto :-)
ResponderEliminarBos días Rita, moitas grazas polas túas suxestións (que non suxerencias, Dígocho Eu!). Buscarei un ratiño para subir eses vídeos e cando o faga avísote. Seguimos en contacto. Moitas grazas pola túa implicación. Un bico dende a distancia ;-)
ResponderEliminarGazas por contestar
ResponderEliminarrecordar todos que tamen hai que estudiar para o exame de ingles
ResponderEliminarXa están colgadas as actividades de inglés na páxina do cole...
EliminarBoas tardes, lembrade que este xoves é o Día do Pai e na sección de Explota os teus Súperpoderes! Atoparedes catro ideas para regalar aos vosos pais. Animádevos a crear un agasallo orixinal e envialo ao correo electrónico, para que o poda subir ao blogge... Saúdos e moito ánimo.
ResponderEliminarFani esta todo moi chulo
ResponderEliminarOla Alba, que alegría ler o teu comentario! Espero que esteas moi animada e facendo as actividades... Un saúdo enorme, para ti e toda a túa familia. Vémonos moi pronto!!
EliminarFani e obligatorio facer a opinión do diario
ResponderEliminarfani chegouche a foto do debuxo que che mandei?
ResponderEliminarOla Alba, chegoume o caligrama e a receita do bocadillo,... están moi ben, parabéns ;-). Respecto da dificultade para ver os vídeos pode ser por problemas coa conexión de internet. Proba máis tarde. Segue tan aplicada. Moitas grazas polo teu interese... Un bico dende a distancia.
EliminarOla Fani, gústame moito o teu blogue, porque ten moitas seccións interesantes, como a de galego e a de Zero Waste e gustaríame que houbese unha de Harry Potter. Moitos ánimos a todos durante estes días. Un bico de Noa Granger.
ResponderEliminarOla Fani unha dúbida se pode utilizar a plantilla que que tes sobre o bocata saudable. Porque se pode pegar e asi podemos escribir enrriba e sería moito mais fácil. Un abrazo Martiño Malfoy
ResponderEliminarOla Martiño, non te preocupes polo formato. O importante é que a pasedes a ordenador. Faina como máis che guste. Un saúdo e moito ánimo!
EliminarOla Fani! Son Rita outra vez. Unha pregunta: a receita do bocadillo, no ordenador, faise en A3 ou A4? Un saúdo, Rita Granger :)
ResponderEliminarBos día Rita, a receita en A4. Saúdos ;-)
EliminarFani en que correo cho mando as cousas o teu o de joana ou o de armindo
ResponderEliminarOla Tania, é mellor que mo mandes a min (estefaniapuga@edu.xunta.es), lembra que eu son a túa titora :-)
EliminarAlégrome de que esteas facendo as actividades que están colgadas no blogge. Moito ánimo durante a corentena. Vémonos pronto!!
O de mata so o teñen facelo os que queiran bicos sen coronavirus
ResponderEliminarO de mate é obrigatorio, é o mesmo que faríamos se estivesemos indo a clase, lembra que non podemos ir ao cole, pero non estamos de vacacións. Saúdos.
Eliminarque felicitar a rita e moicho e que fiseche des e fani podes mandar fotos sobre o de o clube de lectura se tes fotos claro
ResponderEliminarGracias Tania de parte dos monitores!!! Ademáis prometímosche que o próximo día serías porteira. Unha aperta, Rita :)
Eliminarpodes mandar unha foto sobre o clug de lectura de harry potter
ResponderEliminaro de mate que puseches nivel pro
ResponderEliminarBoas tardes Tania, os exercicios de MT Nivel Pro son voluntarios. Os obligatorios son os que están distribuídos por días (o Tema de números decimais do caderno). Saúdos.
Eliminarrita e que quero ver como e por dentro
ResponderEliminarRita encantoume o teu caligrama
ResponderEliminarcomo te espresas tan ven explicamo
ResponderEliminarOla de novo Tania, na ficha onde se explica como facer un caligrama que se chama "Crea un caligrama!", na sección número 2 hai estes apartados: "Como crear un caligrama?" e "Mira algúns exemplos"; se pinchas sobre eles obterás máis información. Ademais, no apartado 3 clicando sobre a frase subliñada podes ver un vídeo. E por último, picando sobre o caligrama que fixo Rita verás os que fixeron algúns dos teus compañeiros e compañeiras. Un saúdo e moito ánimo.
EliminarHla Fani xa te enviei o caligrama .Avisame cando te chegue.
ResponderEliminarOla Manuel, mira no teu correo que xa te respondín. Saúdos
EliminarFani tamén che mandei un debuxo non te chegou?
ResponderEliminarOla Alba, non me chegou o debuxo... podes envialo de novo? Grazas
EliminarOla Fani o traballo da misión 7 as cartolinas nolas das ti
ResponderEliminarOla Laura! Ata que cheguemos ao cole, non chas podo dar, así que se queres intentar facer algo co que teñas por casa será mellor. Lembra que é unha contribución para o lapbook, non tes que facelo todo! Só un apartado que creas que te pode quedar ben...Saúdos
EliminarEste comentario é para Elías. Moitas grazas por facer os exercicios de Matemáticas Nivel Pro e envialos ao correo. Segue traballando así de ben e moito ánimo durante a corentena.
ResponderEliminarHola Familia,son Lois.Mañá vai a haber deberes
ResponderEliminarLois, os "deberes"... Non entendo a pregunta.
EliminarHola Familia,son Lois.Mañá vai a haber deberes
ResponderEliminarBos días Lois, as tarefas a realizar estes días son de luns a venres, non inclúe festivos, nin fins de semana. Nós iremos subindo contidos e é responsabilidade vosa distribuílos de forma equilibrada ao longo desta corentena. Ánimo Lois! Pronto recuperaremos todos a normalidde. Un saúdo.
EliminarFani de onde sacamos as fichas de lectura
ResponderEliminarBos días Alba, porei un enlace para que podades descargar as fichas. Os que non teñan impresora que non se preocupen, xa as cubrián á volta. Saúdos e feliz Día do Pai!
EliminarGrazas Fani
ResponderEliminarDalle un bico da miña parte a Noa Granger
EliminarOla outra vez Alba! Xa podedes descargar as fichas de lectura de LG e LC, no apartado "Lectores e escritores, esta é a vosa sección!". Grazas por estar pendente das actividades. Un bico enorme dende a distancia.
EliminarOla Alba, moitas grazas por acordarte de min. Teño moitas ganas de ir ao cole e vervos a todos. Estou pensando moito en vós nestes días. Vémonos pronto. Un bico de Noa Granger.
EliminarEncantoume a idea da carta!!!!
ResponderEliminarAlégrome de que che guste! Se todos poñemos da nosa parte estes días serán máis agradables, un saúdo.
EliminarOla Fani, poderíase facer en vez dun frasco para lembrar unha caixa con cousas para a miña mellor amiga ???
ResponderEliminarBos días Marta, por suposto podes utilizar unha caixa ou calquera outro obxecto que teñades por casa (ZeroWaste). Cando a teñas podes enviar unha foto e a subimos. Sigue traballando! Un bico moi grande.
EliminarOla Fani, bos días!! Acabo de facer a misión de recuperar a variña de saúco. Un saúdo moi Potter :)
ResponderEliminarBos días Rita, alégrame saber que estades seguindo as actividades! Ánimo, xa queda menos! :-)
Eliminarola Fani, xa fixen a misión de recuperar a variña de saúco esta moi chula.
ResponderEliminarOla Laura, alégrome moito de que a fixeras. A profe Joana ten unha ideas xeniais!! Segue vendo o blogge a diario e mandando as actividades. Un bico
Eliminarfani eu consegui xa a variña de sauco no xogo
ResponderEliminarBoas tardes Tania, alégrome moito de que completases a misión. Segue traballando así de ben! Un saúdo
EliminarHOLA A TODOS!!!
ResponderEliminarBos días Fani, na páxina 37, exercicio 7 de matemáticas, 3,55 é un metro, non?
ResponderEliminarBos días Marta, no exercicio 7 da páxina 37 o prezo 3,55 refírese a un metro. Alégrome de que esteas facendo as actividades. Segue así!!
ResponderEliminarfai falla que mandemos os exercicios anteriores de mat o do día 1, 2,3 e 4
ResponderEliminarBos días Alba, non é necesario que mandedes os exercicios de matemáticas feitos anteriormente, só o recollido na grella para o día de hoxe. Moitas grazas por consultar as túas dúbidas e segue traballando así de ben! Moito ánimo!!
EliminarGRAZAS!!!
EliminarFani conseguin a varita de saúco
ResponderEliminarAlégrome moito de que conseguiras a variña, é que sodes moooooi listos!
EliminarGrazas polo cumplido
ResponderEliminarO traballo de inglés sociales é educación física como e cando temos que entregalos?
ResponderEliminarBos días Martiño, o traballo dos especialistas é para facer na primeira quincena, a medida que o vaiades tendo podedes envialo. Grazas por preocupartes polas tarefas, segue traballando... MOITO ÁNIMO!
ResponderEliminarOla Fani Óscar xa subiu a misión de REFORZA-T
ResponderEliminarFani, eu lle mandei o meu debuxo e o meu caligrama a armindo.
ResponderEliminarE sobre o bocata a miña receita a ten armindo así que non o podo facer.
Ola Isis! Grazas por avisar. Non te preocupes que xa falo con Armindo para subir as túas actividades ao blogge. Segue traballando, moito ánimo!
Eliminarhola fani na pax 37 o 5 que duas formas
ResponderEliminarOla Tania, refírese a dúas formas diferentes de expresar as operacións, por exemplo, (6 x 5,40) + (6 x 3,25) e outra sería (5,40 + 3,25) x 6. Espero que te serva de axuda. Bicos.
EliminarOla Fani!!! Xa che enviei os deberes que tocan hoxe. Unha aperta.
ResponderEliminarBos días Rita, moitas grazas por enviar as tarefas. Un saúdo
Eliminarserviume de axuda
ResponderEliminarAlégrome Tania. Un saúdo
EliminarFani a min non me deixaba entrar nós deberes dos especialistas e Sabela tivo que mandarmo pero non sei cales son os seus correos
ResponderEliminarOla Alba, pois non sei cal será o problema, os enlaces funcionan. Pode ser un problema temporal de conexión. Podes probar a entrar directamente na páxina do cole e clicar sobre a tarefa enviada por cada especialista. Nese documentos encontrarás o correo co que podes porte en contacto cos especialistas. Se non eres capaz volve a dicirmo e envíocho ao teu correo. Un saúdo.
EliminarFani no da miña bolsa puxeches o nome de Marta
ResponderEliminarBos días Alba, perdoa pola equivocación, corríxoo agora. Grazas por enviar as tarefas!
Eliminarcomo se fan as dibisipons con numeros decimais
ResponderEliminarQuerida Tania, no apartado "E das matemáticas, que?" que encontrarás nesta mesma entrada, no 6º día hai un vídeo que explica claramente como se fan as divisións con decimais. Mírao, se é preciso máis dunha vez e xa verás como aclara as túas dúbidas. Espero que te serva. Un saúdo.
Eliminarfani duda
ResponderEliminarFani non me deixa entrar podrías mandar me os correos
ResponderEliminarcal exercicio de c.n por que o un e visualizar o video e non estou segura
ResponderEliminarOla Alba! A actividade ten tres partes: ver o vídeo, recapacitar e facer a túa reflexión. Debes facer esas tres cousas. Saúdos.
Eliminarpodes mandarme os correos dos especialistas
ResponderEliminarOla unha pregunta temos que enviar foto das actividades é o que copiamos ou so as actividades
ResponderEliminarMartiño
Ola Martiño, con que envíes foto das actividades é suficiente. Un saúdo
EliminarOla Fani,
ResponderEliminarunha pregunta: O traballo de inglés hai que eviarllo a profe?
Ola, de momento non é necesario que enviedes a tarefa de inglés. Pero se tedes algunha dúbida podedes preguntarlla. O correo de Rosa é berceruelo@edu.xunta.es
EliminarUn saúdo Laura
Fani mandeiche hace tempo un debuxo de un cabalo non te chegou.
ResponderEliminarNo da actividade de hoxe de facer o debuxo ou manualidade podería facer outro
Ola Alba, chegoume e está subido ao blogge, na sección de "E AQUÍ ESTÁN AS VOSAS CREACIÓNS". Por suposto, podedes enviar todos os traballos manuais que fagades e eu vounos subindo a ese enlace. Moitos saúdos.
EliminarRITA como se poded pasar un documento de word a pdf
ResponderEliminarQuerida Tania, para pasar un documento de word a PDF, tes que seguir estes pasos: ARCHIVO-GUARDAR COMO-TIPO DE DOCUMENTO: PDF-GUARDAR. Se o que queres é transformar un libre office writter en PDF, faise dun modo diferente e hai ir a EXPORTAR. Tes un vídeo explicativo de ambos procesos no blogge debaixo da grella de distribución semanal do traballo. Espero que sexas capaz de facelo e que che servise esta explicación. Moitos saúdos.
ResponderEliminarOla de novo, tes razón Alba acabo de ver na sección e o teu debuxo non está, debeuse borrar por error. Podes volvermo a enviar? Grazas
ResponderEliminarXa topei o arquivo e o subín :-)
EliminarOla Fani na misión 7 de Harry Potter a que te refires con "Decidir de que forma queres presentar a información: tarxeta, lapela, caixa, carpeta"? Porque eu teño as manualidades feitas e non sei se hai que escribir nelas.
ResponderEliminarOla Laura, refírese a que poñas na túa manualidade a información que prefiras sobre a vida ou a obra de Ledicia Costas. Para que cando volvamos podamos montar coas vosas contribucións individuais o Lapbook. Espero ter aclarado a túa dúbida. Saúdos.
EliminarPero hai que escribir a información nelas ou enviar a información?
ResponderEliminarOla, escribe directamente nela e cando a teñas, faille unha foto e envíama. Un saúdo, xa queda menos!
EliminarFani mandeille a Armindo un debuxo de yoda crees que te o teño que mandar a ti
ResponderEliminarOla Alba, se queres envíamo e súboo. Un saúdo e moito ánimo!
Eliminargrazas
ResponderEliminarO diario tamen hay que mandalo??
ResponderEliminarOla, o diario hai que facelo igual que se fósemos a clases, pero non é necesario envialo. Saúdos.
ResponderEliminarOla Fani!! Creo que actualmente somos os nen@s que vivimos.... en corentena :)
ResponderEliminarOla Rita! Ese sería un bonito título para un libro, non cres?
EliminarA verdade é que sí, estaría moi ben!
ResponderEliminarOla Fani ! Unha pregunta: En semana santa hai que facer o diario ?
ResponderEliminarOla, durante a Semana Santa non é obrigatorio facer o diario,... Espero que che gusten as actividades planificadas para a semana que ven. Un saúdo.
ResponderEliminarFani vades a dar as notas?
ResponderEliminarFani o de quizz o temos que facer nun folio o vedes vos
ResponderEliminarOla, o quizizz é online e non tedes que enviar nada por correo. Grazas por preguntar Tania. Saúdos.
EliminarSoy tania
ResponderEliminarOla Fani, son Rita outra vez. Quería preguntarche unha cousa: Para mañá temos o kahoot! dos ecosistemas, e na grella por que é online. Como o facemos? Digo, porque ao non ter a pantalla dixital...e ata agora non está subido ao blogge. Un saúdo.
ResponderEliminarOla Rita, para facer as probas de kahoot! abriranse partidas temporais dun ou dous días, por iso non se poden subir con moita antelación. De todas formas, non vos preocupedes pola contrasinal porque non vai a ser precisa. Nestas partidas pódese xogar dende un ordenador calquera (non é preciso que sexa o do cole) ou dende calquera móbil. O que é importante é que repasedes antes os contidos. Un saúdo :-)
EliminarFani o de los determinantes como facemos
ResponderEliminar