domingo, 7 de xuño de 2020

PLANIFICACIÓN SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO



PLANIFICACIÓN SEMANAL
(Do 08 ao 12 de xuño)


Queridos alumnos e alumnas: 

Estamos ante a penúltima planificación semanal, na que despediremos actividades moi queridas como Atinando recordos e conmemoraremos datas como o Día do Medio Ambiente e o Días dos Océanos. Coa vista posta xa, no próximo curso, iremos preparándonos para o IES.
Ánimo, só queda unha semana!!

AVISO IMPORTANTE:

A entrega de ordenadores do alumnado de 6º farase entre o xoves 18 e venres 19 de xuño. A partir das 11 da mañá.  Non esquezades os cargadores.  Aproveitaremos a entrega para tomar unha foto de cada alumno/a e facer a orla de curso que será entregada posteriormente.

Lembrade que a vídeo-conferencia cos alumnos da ESO celebrarase o mércores 17, ás 11 horas.





Lembra que continuamos...

Entrega todas as tarefas semanais e pasa de nivel!


----- LINGUA CASTELÁ-----

A mestra Joana proponvos que botando man dos coñecementos adquiridos ao longo do curso, axudes a atopar ao mítico coche voador Fort Anglia.


💫fort anglia volador💫

Queridos magos y magas, estamos ante una nueva misión quizá la última a la que nos enfrentamos. Sigue la oleada de objetos desaparecidos, esta vez el Fort Anglia Volador. El mágico coche se ha escabullido sin dejar rastro. Es fundamental que lo encontremos antes de que lo haga algún muggle y ponga en peligro a toda la comunidad mágica.

Pincha en la imagen y enfráscate en la aventura.

¿Serás capaz de encontrar al Ford Anglia Volador? 
Pincha en la imagen vete a INTRODUCCIÓN y lee atentamente.
Dirígete al apartado de la MISIÓN, obtendrás valiosas pistas. Mira el vídeo.
Dale a EMPEZAR. Realiza la primera misión y vete desbloqueando las misiones hasta llegar a la caja fuerte. ¡Cuidado! Si fallas deberás volver a empezar.
Si logras salir victorioso de esta misión, conseguirás encontar el coche.

😍MATILDA😍
¡LEEMOS MATILDA! Esta semana terminaremos de leer este fantástico libro.
Los capítulos que nos quedan son: "La práctica", "El tercer milagro" y "Un nuevo hogar".


Libro de lectura
https://drive.google.com/file/d/1-ad2Hd8AjKPFNY2I52IErsCEHDNYW39j/view
Marabillosa ilustración realizada por Valeria 6ºB
  Comprensión lectora
Antes de hacer el kahoot! Lee los capítulos de esta semana.

----- LINGUA GALEGA----- 
🎓Preparándonos para o IES🎓
Mabel e Nerea, orientadora e mestra de apoio,  achégannos unha proposta encamiñada a informarvos da nova etapa educativa que inciaredes o próximo curso e na que poderedes resolver todas as vosas dúbidas.

❶Pica na imaxe e accede á PRESENTACIÓN. Le con moita atención toda a información.



KAHOOT! Asegúrate que comprendiches o contido da presentación contestando ás preguntas.
Pica na imaxe, accede escribindo o teu nome e curso, por exemplo, Nerea 6ºB. Xoga unha vez e faino con responsabilidade.


Accede ao FORMULARIO, picando na imaxe. Escribe o teu nome e curso, por exemplo, Sabela 6ºA, e inclúe nel as túas dúbidas ou preguntas sobre a etapa que estás a piques de iniciar. Cando remates pulsa no botón de enviar.


❹O mércores 17 de xuño, realizarase unha vídeo-conferencia onde Mabel e Nerea, acompañadas de Mario e Érika, antigos alumnos do colexio que actualmente cursan os seus estudos no IES de Mos, contestarán a todas as vosas preguntas.

💌Atinando nos recordos💌

Nesta semana escribiremos as últimas cartas aos usuarios da asociación de AFAGA.

O luns recibiredes un novo correo, lédeo con moita atención e pesade na vosa resposta. Nesta ocasión debedes expresar nela o que vos pareceu a experiencia e despediros de forma moi agarimosa desta fantástica actividade.


     Contestamos ás cartas
https://drive.google.com/file/d/1gEoUsmt35W7XE9fioJeRxRAR_2KDu1sM/view?usp=sharingEspera a recibir a túa carta. Cando a teñas le prestando moita atención.
Tendo en conta o escrito que acabas de ler, pensa na túa resposta.
Debes seguir o modelo da imaxe.
Contido: non esquezas agradecer o seu correo e contarlle o que máis che gustou da súa carta e desta experiencia. Mínimo 10 liñas.
Moi importante: revisa o teu texto asegurándote de que se entende o que queres dicir e que non contén faltas de ortografía.
Debes escribir a túa contestación no ordenador e gardar o documento en PDF.
Nomea o teu arquivo: curso + nome + carta, por exemplo, 6ºA LAURA, carta

As cartas que estades intercambiando cos usuarios de AFAGA estannos dando moitas alegrías.

     SAÍMOS NA PRENSA!
A continuación podedes ler as noticias publicadas facéndose eco do noso proxecto. Picando nas imaxes poderás ler os artigos.


https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/06/04/correspondencia-olvido-mos/2296191.html
https://fagal.org/afaga-colexio-interxeracional-gl.html



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/mos/2020/05/23/lecciones-carta-mos/0003_202005V23C5991.htm
     
E NA RADIO!
https://drive.google.com/file/d/1LpAyhYWJXP7BvI_wJnM3cwcMyn61y11M/view?usp=sharing
Pica na imaxe para acceder ao programa


🌌ENREDA COA LINGUA🌌
Picando na imaxe accederedes ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, onde poderedes visualizar un fantástico vídeo que recolle todos os vosos slogans que nos animan a falar, sentir e vivir a nosa lingua. Esperamos que vos guste!



---- CIENCIAS NATURAIS----
🌍Día Internacional do Medio Ambiente🌍
O Día 5 de xuño é o Día Internacional do Medio Ambiente, por iso o mestre Óscar, proponvos dúas misións encamiñadas a reflexionar e concienciar sobre un elemento indispensable para a vida: A AUGA. Podes acceder ás misións completas aquí: MISIÓN 20 e MISIÓN 21.

Misión 1: Eco-Enquisa

Nesta ocasión, imos reflexionar sobre o uso da auga. Para levar a cabo a misión, segue as seguintes instrucións:
Pica na imaxe e le con atención as preguntas da eco-enquisa.
Contesta ás preguntas nunha folla a parte, por exemplo, 1a, 2b... Non imprimas a enquisa!! Lembra que esta é unha actividade para concienciar sobre a necesidade de coidar o noso medio, demos exemplo!
Comproba os teus resultados. Cada resposta dada ten un valor, suma os teus resultados e obtén a túa puntuación.

Misión 2: Eco-Consellos
Nesta misión deberedes realizar un slogan sobre a necesidade de concienciar sobre o uso responsable da auga.

Para poder realizar esta misión con éxito segue as instrucións:
Reflexiona sobre as accións que fas habitualmente e que queiras mellorar relacionadas co consumo de auga.
Agora pensa nunha rima que poda proporcionar un certo atractivo a quen o lea. Por exemplo: “Se auga queres aforrar, a billa tes que pechar!”
Podes escribir o teu eco-consello nunha cartolina ou folio e decoralo, facelo no ordenador, ou ben utilizar outros materiais, como pedras, flores,... utiliza a túa imaxinación para facelo máis atractivo!
Nomea o teu PDF (ou foto): curso + o teu nome + nome da actividade, por exemplo, 6ºB TANIA, eco-consello.
Envíao como arquivo adxunto a: orcar.colmenero@edu.xunta.es



 ----- MATEMÁTICAS-----

En matemáticas realizaremos un kahoot! dos contidos traballados a semana pasada, e continuaremos o repaso de conceptos vistos ao longo do curso.

Repasamos os criterios de divisibilidade
https://kahoot.it/challenge/02182801?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1591286674238 Debes volver a ver os vídeos e xogar aos quizizz para asegurarte de que dominas os conceptos básicos.
Fai o Kahoot! identificándote co teu nome e clase, por exemplo, SABELA 6ºA. Xoga só unha vez e lembra que estará dispoñible o luns e o martes.
NOTA IMPORTANTE: xoga con responsabilidade, utiliza só o teu nome e curso, calquera nome que non se corresponda cun alumn@ de 6º será borrado do historial.

AS FRACCIÓNS
VÍDEO 1 

Cómo leer fracciones

Quizizz Vídeo 1
 VÍDEO 2 

Tipos de fracciones

Quizizz Vídeo 2
VÍDEO 3 
Fracciones: dibujo, decimal y ubicar en recta
Quizizz Vídeo 3
VÍDEO 4 
Suma y resta de fracciones homogéneas
Quizizz Vídeo 4

IMPORTANTE: aqueles que teñades dificultades para ver os vídeos nos vosos ordenadores, podedes facelo nun teléfono móbil ou copiar as URL que vos deixo a continuación na barra de direccións.
Vídeo 1: https://youtu.be/xg_W1etkRg8
Vídeo 2: https://youtu.be/7Xvlv3SCA4c
Vídeo 3: https://youtu.be/tP6mrI4rxPg
Vídeo 4: https://youtu.be/B0JLdM0NToA


------ CIENCIAS SOCIAIS-----
Para acceder á interesante proposta didáctica da mestra Viqui para esta semana, debes picar na imaxe.



----- PLÁSTICA-----

💗Reto Refugallo Cero💗
Seguindo co noso proxecto Zero Waste, propoñémosvos un reto que consiste en reflexionar sobre as nosas compras e tentar cambiar tres produtos envoltos en plástico, por outros máis ecolóxicos.
⓵Pica na imaxe e accede á presentación.
⓶Escolle tres produtos que merques con frecuencia e teñan envoltorio plástico.
⓷Substitúe os tres produtos por outros que non teñan embalaxe ou que sexa máis ecolóxico.
⓸Fai unha fotografía na que se vexan os tres produtos con envoltura plástica e aqueles polos que os substituíches.
⓹Nomea a túa foto: Curso+nome+reto, por exemplo, 6ºA MARTIÑO, reto.
⓺Envía o teu arquivo como correo adxunto a estefaniapuga@edu.xunta.es


Podedes ver os vosos retos picando aquí.

------ VALORES------

🌀Día Mundial dos Océanos🌀

O 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. Un dos maiores impactos que sofren os nosos mares e océanos é o lixo que procede de terra adentro e que se acaba convertendo en lixo mariño.
Por iso, moitas persoas concienciadas co medio ambiente decídense a limpar as praias. Le os seguintes artigos con atención.







LIMPAR AS PRAIAS CON SENTIDIÑO

Moitos colectivos realizan periodicamente nas praias galegas unha recollida de residuos, que tamén podemos facer cada un de nós a nivel individual ou en grupo, para axudar aos nosos mares.
Por iso a asociación ADEGA, indícanos no seguinte protocolo cales son os pasos que debes dar para realizar de forma axeitada unha limpeza de praia, sen danar o ecosistema.

Agora deberás reflexionar sobre o que acabas de ler facendo un breve escrito, que cumpla as seguintes características.
Empeza o teu texto, indicando que praia che gustaría limpar e porque.
A continuación explica que farías antes, durante e despois, para que a limpeza realizada sexa realmente ecolóxica. Non esquezas  seguir os consellos recollidos no folleto anterior.
Ponlle un título que concorde co que acabas de escribir.
O teu escrito debe ter unha extensión mínima de 10 liñas, coida a presentación e asegúrate de que non contén faltas de ortografía.
Envía a túa creación como correo adxunto ao mestre Eduardo. eduardoalonso@edu.xunta.es

------ ENGLISH ------

I´m sending you a tutorial to easily  access the reading book.Click on the image and follow the instructions.

https://drive.google.com/file/d/1YoBZ9FLwOG2W4f0uAiSeQ81zqqQZ4Cb9/view?usp=sharing

7 comentarios:

  1. Rita Granger6/07/2020

    Encántame a páxina desta semana!!

    ResponderEliminar
  2. que chula a páxina desta semana son Laura

    ResponderEliminar
  3. Boas tardes Rita e Laura, moitas grazas polos vosos comentarios :-)

    ResponderEliminar
  4. Anónimo6/08/2020

    Hola Fani,son Lois,eu teño que facer a videochamada o mércores 17 inda que vaia ao instituto de Villagarcía?

    ResponderEliminar
  5. Bos días Lois, no teu caso asistir á vídeo-chamada non é obrigatorio, se che apetece estaremos encantados de contar coa túa presencia. Un sáudo.

    ResponderEliminar
  6. Rita Granger6/09/2020

    Bos días Fani! E cómo imos facer a videochamada?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Rita, as condicións nas que se realizará a vídeo-chamada serán especificadas na próxima planificación semanal. Será moi fácil de conectarse non te preocupes. Un saúdo

      Eliminar

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.