O 21 de setembro conmemorase o DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER, que ten como obxectivo concienciar á sociedade sobre esta enfermidade.
O Alzheimer afecta ás partes do cerebro que se encargan da memoria, pensamento e linguaxe. Co paso do tempo dificulta o recordo das cousas básicas e dos nomes ou caras das persoas que os rodean pero poden lembrarse das cousas que facían de pequenos.
Nos seguintes enlaces poderás atopar un vídeo e un conto con máis información.
O noso colexio leva a cabo o proxecto “Atinando Recordos”, o cal pon en contacto ás persoas con demencia de AFAGA e o alumnado do terceiro ciclo, a través do envío de cartas.
Esta
iniciativa permite estimular as capacidades cognitivas dos usuarios de Afaga ao
mesmo tempo que o alumnado coñece un pouquiño máis do seu pasado máis próximo,
fomentando o agarimo e o respecto.
Pica na imaxe e descobre un pouquiño máis ...
📢Saímos
en prensa! Pincha nas imaxes para acceder as noticias que se realizaron sobre o
proxecto que leva a cabo o colexio.
E tamén saimos na radio! Pica nas imaxes para escoitar as entrevistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.