domingo, 31 de maio de 2020

PLANIFICACIÓN SEMANAL DO 01 AO 05 DE XUÑO


PLANIFICACIÓN SEMANAL
(Do 01 ao 05 de xuño)


Queridos alumnos e alumnas: 

Inauguramos o mes de xuño cunha planificación semanal que esperamos sexa do voso agrado.
Ánimo, só quedan tres semanas!!

https://drive.google.com/file/d/14gowYjgQfaSBEAW1NxYJbUaqoe353gGs/view?usp=sharing








Lembra que continuamos...

Entrega todas as tarefas semanais e pasa de nivel!


----- LINGUA CASTELÁ-----

A mestra Joana proponvos que botando man dos coñecementos adquiridos ao longo do curso, axudes a Hermione que se ve envolta nunha petrificación.


💥LA PETRIFICACIÓN💥

Queridos magos y magas, una semana más deberéis coger vuestras varitas y ayudarnos a resolver esta misión. Los misterios a los que tenéis que enfrentaros son cada vez más difíciles, pero también aumenta vuestra sapiencia, por eso confiamos en que seréis capaces de resolver esta importante misión.

Pincha en la imagen, enfráscate en la aventura y ayuda a la comunidade mágica a resolver el misterio.

¿Serás capaz de salvar a Hermione? 
Pincha en la imagen vete a INTRODUCCIÓN y lee atentamente.
Dirígete al apartado de la MISIÓN, obtendrás valiosas pistas. Mira el vídeo.
Dale a EMPEZAR. Realiza la primera misión y vete desbloqueando las misiones hasta llegar a la caja fuerte. ¡Cuidado! Si fallas deberás volver a empezar.
Si logras salir victorioso de esta misión, conseguirás salvar a Hermione.
Mándanos un whatsApp con el nombre del último hechizo y recibirás tu recompensa.

😍MATILDA😍
¡LEEMOS MATILDA! Esta semana vamos a continuar con la lectura de Matilda, pincha en la fantástica ilustración realizada por Valeria y accederás al libro. Cada día debes leer un capítulo y el viernes realizar el kahoot!
Lecturas de esta semana: "El segundo milagro", "La casa de la señorita Honey", "La historia de al señorita Honey" y "Los nombres".



Libro de lectura
https://drive.google.com/file/d/1-ad2Hd8AjKPFNY2I52IErsCEHDNYW39j/view
Marabillosa ilustración realizada por Valeria 6ºB
  Comprensión lectora
Antes de hacer el kahoot! Lee los capítulos de esta semana.

----- LINGUA GALEGA----- 
🎓A Escola Ideal🎓
A mestra Nerea achéganos unha actividade na que teremos que reflexionar sobre o sistema educativo actual e como nos gustaría que fose.
Pica na imaxe e accede á presentación.
Visualiza o vídeo con moita atención.

Fai un texto de como mínimo 10 liñas no que deas resposta ás seguintes preguntas sobre A TÚA ESCOLA:
-Que é o que máis che gusta?
-Que cambiarías?
-Como sería para ti escola ideal?
-Como imaxinas que será no futuro?
Ponlle un título.
Revisa o teu escrito asegurándote de que se entende o que queres dicir e que non cometiches faltas de ortografía. Comproba que non repites sempre as mesmas palabras, utiliza sinónimos e evita as reiteracións.
Envía o teu texto como arquivo adxunto a: nereaestevez@edu.xunta.es

https://view.genial.ly/5ec3bb88392b550d178ed58e/presentation-a-escola-ideal

Pica na preciosa imaxe creada por Rita para acceder aos vosos traballos sobre a Escola Ideal.



💞Atinando co Dígocho Eu!💞
Cos vídeos realizados durante o confinamento, creamos esta actividade interactiva na que poderedes visualizar todos os vosos Dígocho Eu! e xogar co rosco de pasapalabra, a unir a palabra coa imaxe e por último poderedes ver un vídeo no que Esther nos fala da cociña, pero ollo! Que nesta ocoasión teredes que ir respondendo a preguntas a medida que vades vendo o vídeo.

https://view.genial.ly/5ed0e56a785906120efeb87c/guide-genially-sin-titulo

Pica na imaxe e accede á presentación.
Mira os vosos vídeos.
Realiza o rosco de Pasapalabra. Debes introducir o código de acceso 078754 e identificarte co teu nome e curso.
Xoga a unir as palabras dos vosos vídeos coa súa imaxe.
Mira o Dígocho Eu! de Esther sobre a cociña, e responde ás preguntas que irán xurdindo a medida que o visulizas.

💌Atinando nos recordos💌
As cartas que estades intercambiando cos usuarios de AFAGA estannos dando moitas alegrías.

     SAÍMOS NA PRENSA!
A continuación podedes ler as noticias publicadas facéndose eco do noso proxecto. Picando nas imaxes poderás ler os artigos.



https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/06/04/correspondencia-olvido-mos/2296191.html
https://fagal.org/afaga-colexio-interxeracional-gl.html



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/mos/2020/05/23/lecciones-carta-mos/0003_202005V23C5991.htm
     
E NA RADIO!
https://drive.google.com/file/d/1LpAyhYWJXP7BvI_wJnM3cwcMyn61y11M/view?usp=sharing
Pica na imaxe para acceder ao programa

---- CIENCIAS NATURAIS----
🌺 Herboloxía🌺
Nesta semana imos centrarnos na materia de Herboloxía, ou como dirían os muggles botánica, pero nesta ocasión non será da man da profesora Sprout, senón que será o mago Óscar de Reforza-T, o que nos mergulla no coñecemento das plantas. Podes acceder as misións completas aquí: MISIÓN 18 e MISIÓN 19.

Misión 1: Anímate a gozar da natureza!
Dá un paseo por unha zona natural, observa a paisaxe, escoita os paxariños cantar.... en definitiva, anímate a gozar da natureza e se o fas en compañía moito mellor!
Nesta misión, só terás que deterte en aquelas plantas que recoñezas e, coa cámara ou co dispositivo móbil facerlles unha fotografía.
Garda as túas fotos, precisaralas para a túa seguinte misión.

Misión 2: Creamos o noso propio libro de herboloxía
Como sabedes Mil hierbas mágicas y hongos é un dos libros utilizados nas clases de Pocións e Herboloxía de Hogwarts. Nesta ocasión deberedes cubrir unha ficha sobre as plantas que máis vos chamaron a atención na misión anterior. A vosa información será de moita axuda para os futuros magos e magas!

Para poder realizar esta misión con éxito segue as seguintes instrucións:
Cubre a ficha de herboloxía de forma breve e concisa, podes buscar información en internet, nalgún libro que teñas en casa ou preguntando ao teu avó, avoa, pai, nai,... ou calquerAtoparás esta ficha na Misión 19a persoa que saiba do tema.
Podes facer a túa propia ficha tomando a da misión 19 como modelo, ou crear a túa cos mesmos apartados e escrita a man ou no ordenador. Intenta non imprimila (Zero Waste).
Incorpora a foto que fixeches na misión anterior ou debuxaa (lembra que non é preciso imprimir) e revisa o teu escrito comprobando que se entende e non contén faltas de ortografía.
Nomea o teu arquivo (ou foto): curso + o teu nome + nome da actividade, por exemplo, 6ºB CARMEN, herboloxía.
Envia a túa ficha como arquivo adxunto a: orcar.colmenero@edu.xunta.es

Pica no bonito lema creado por Marta, para acceder aos vosos traballos.
https://drive.google.com/drive/folders/1z1NeoYfbGHPNrufhHgQq-SnTfIb0MIjX?usp=sharing


 ----- MATEMÁTICAS-----

En matemáticas realizaremos un kahoot! dos contidos traballados a semana pasada, e continuaremos o repaso de conceptos vistos ao longo do curso.

Repasamos as potencias
https://kahoot.it/challenge/08616879?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1587202078029 Debes volver a ver os vídeos e xogar aos quizizz para asegurarte de que dominas os conceptos básicos.
Fai o Kahoot! identificándote co teu nome e clase, por exemplo, ISIS 6ºA. Xoga só unha vez e lembra que estará dispoñible o luns e o martes.
NOTA IMPORTANTE: xoga con responsabilidade, utiliza só o teu nome e curso, calquera nome que non se corresponda cun alumn@ de 6º será borrado do historial.

A Divisibilidade
O martes, repasaremos os números primos (vídeo 1) e practicaremos facendo o Quizizz.
O mércores, veremos un vídeo sobre os criterios de divisibilidade dos números 2, 3 e 5 e repasaremos cun Quizizz.
O xoves, Troncho e Poncho, para matemáticos nivel PRO (vídeo 3), e quizizz sobre os criterios de divisibilidade.
O venres realizaredes a ficha de repaso.

VÍDEO 1 
Los números primos


Quizizz Vídeo 1
 VÍDEO 2 
Criterios de Divisibilidad 2, 3 y 5

Quizizz Vídeo 2
VÍDEO 3 
Troncho y Poncho
Quizizz Repaso Divisibilidad
FICHA


IMPORTANTE: aqueles que teñades dificultades para ver os vídeos nos vosos ordenadores, podedes facelo nun teléfono móbil ou copiar as URL que vos deixo a continuación na barra de direccións.
Vídeo 1: https://youtu.be/s2vgRqGc7Os
Vídeo 2: https://youtu.be/9OAzUJD8Yr0
Vídeo 3: https://youtu.be/g_9UM33OTbk


------ CIENCIAS SOCIAIS-----
A mestra Viqui lémbravos que os que non remataron a tarefa do tema 6, España no século XX e XXI, deben facela esta semana. Pica na imaxe para acceder á actividade.


----- PLÁSTICA-----

🌍Día Internacional do Medio Ambiente🌍
Nesta semana propoñémovos que visitedes o blog da biblioteca para conmemorar esta data tan sinala. Pica na imaxe e indaga nas súas propostas.


💗Reto Refugallo Cero💗
Seguindo co noso proxecto Zero Waste, propoñémosvos un reto que consiste en reflexionar sobre as nosas compras e tentar cambiar tres produto envoltos en plástico, por outros máis ecolóxicos. Nesta semana só tedes que reflexionar sobre as vosas compras e elixir tres produtos. Na próxima planificación semanal concluiremos o reto.


------ VALORES------
O mestre Eduardo lembra aos que non realizaron esta tarefa, que deben enviala antes do próximo venres.
O plástico nos océanos
O 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. Un dos maiores impactos que sofren os nosos mares e océanos é o lixo que procede de terra adentro e que se acaba convertendo en lixo mariño. 
Mira con moita atención o vídeo "Peixe ao forno" e le o artigo "Botella al limón y sopa de pajitas..."


Peixe ao forno



https://verne.elpais.com/verne/2018/06/10/articulo/1528642202_233303.html



REFLEXIONA
Despois de ver os vídeos "Peixe ao forno" e "Botella al limón y sopa de pajitas" deberás escribir un texto, que cumpla as seguintes condicións:

Inicia o teu escrito describindo o que se ve nos vídeos e que cres que buscaban os creadores cando os gravaron.
A continuación explica que podemos facer para que se reduza o consumo de plástico e así, non acabe contaminando os nosos mares. Fíxate no final do artigo e obterás valiosas pistas.
Ponlle un título que concorde co que acabas de escribir.
O teu texto debe ter unha extensión mínima 10 liñas, coida a presentación e asegúrate de que non contén faltas de ortografía.
Envía a túa creación como correo adxunto ao mestre Eduardo. eduardoalonso@edu.xunta.es

------ ENGLISH ------

I´m sending you a tutorial to easily  access the reading book.Click on the image and follow the instructions.

https://drive.google.com/file/d/1YoBZ9FLwOG2W4f0uAiSeQ81zqqQZ4Cb9/view?usp=sharing

16 comentarios:

  1. Rita Granger5/31/2020

    Qué bonita a páxina desta semana!!

    ResponderEliminar
  2. Rita Granger5/31/2020

    Fani son Rita outra vez, no brakout non me deixa acceder á caixa forte, tampouco me dá ningún código nos retos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Rita, tes que dirixirte ao feitizo alohomora, superando este reto desbloquearase o seguinte. Se fallas algunha pregunta volverás a empezar. Seguro que superas o reto, ánimo!

      Eliminar
  3. Ola Fani son Laura non me deixa aceder o kahott de Matilda

    ResponderEliminar
  4. Bos días Laura o kahoot de Matilda non hai que facelo ata o venres, nesa data estará dispoñible. Saúdos

    ResponderEliminar
  5. martita_296/03/2020

    Ola, son Marta, para tod@s os que lles guste o lettering e queiran poñelo nos seus traballos a ordenador recomendo unha páxina web na que se pode acceder por este link:
    https://www.conversordeletras.com/weird/. O único que hai que facer é poñer o texto que queres, elixes o tipo de letra e copias a imaxe, un saúdo a todos!

    ResponderEliminar
  6. Ola Marta, moitas grazas pola túa recomendación :-)

    ResponderEliminar
  7. PUBLICACIÓN NO FARO DE VIGO DA NOTICIA: "Correspondencia contra el olvido en Mos"
    Onde se fala do noso proxecto de intercambio de cartas cos usuarios de AFAGA. Podedes ler o artigo completo nesta entrada ou no seguinte enlace:
    https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/06/04/correspondencia-olvido-mos/2296191.html
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  8. Rita Granger6/04/2020

    Grazas Fani!!

    ResponderEliminar
  9. Martiño6/04/2020

    Ola Fani quería recomendar este scape room de Harry Potter esta moi chulo.
    .https://view.genial.ly/5ed7bb4523f1c90d96099b00/interactive-content-escape-room-harry-potter?fbclid=IwAR2x_Y3-6mjsncA4guhfzFwLKGYbwJad02EF9bcDqJVbNDevJjhI7gPyID8

    Un saúdo

    Martiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Martiño6/04/2020

      Perdón colouseme un punton a direccion é sen o primeiro punto.

      Saúdo


      Martiño

      Eliminar
    2. Ola Martiño, encantoume o escape room e porémolo no blog, moitas grazas pola túa recomendación :-)

      Eliminar
  10. Rita Granger6/05/2020

    Ola a todos!! Quería recomendarvos unha páxina web onde podedes utilizar a letra de HP. O que tendes que facer é introducir a palabra ou frase que queredes que xenere,elexir a fonte, o efecto, a cor e logo darlle a GENERAR. Despois, hai que copiar a imaxe ou gardala. Podedes acceder a ela mediante este link:
    https://fontmeme.com/es/fuente-de-harry-potter/

    Ademáis podedes atopar na páxina web moitísimos tipos de fontes (Os Vengadores, Disney, Lego...) aquí vos deixo o link: https://fontmeme.com/es/

    Un saúdo!!

    ResponderEliminar
  11. Rita Granger6/05/2020

    FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE!!!!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Rita, moitas grazas pola túa recomendación e feliz día do Mdio ambiente para ti tamén :-)

      Eliminar

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.