domingo, 24 de maio de 2020

PLAN SEMANAL DO 25 AO 29


PLANIFICACIÓN SEMANAL
(Do 25 ao 29 de maio)


Queridos alumnos e alumnas: 

Unha semana máis presentamos unha proposta, chea de tarefas interesantes: cartas, obras de arte, conciencia medioambiental,... Que esperemos sexan do voso agrado.
Estamos moi contentos das vosas creacións en actividades como as obras de arte de Miró, os vídeos de Dígocho Eu e as cartas que estades intercambiando cos usuarios de Afaga. Todas elas con resultados magníficos.
Seguide traballando así de ben!

https://drive.google.com/file/d/1irZ6fScBJ-togZA7WiL_mvt1Hv027fj6/view?usp=sharing







Lembra que continuamos...

Entrega todas as tarefas semanais e pasa de nivel!


----- LINGUA CASTELÁ-----

A mestra Joana proponvos resolver unha misteriosa desaparición, para conseguilo deberedes botar man dos coñecementos adquiridos durante este curso, serás quen de conseguilo?


⚡¿dÓNDE ESTÁ HARRY POTTER?⚡


Queridos magos y magas, corren tiempos difíciles en nuestra comunidad mágica: roban el giratiempo, los animales fantásticos son capturados, los objetos desaparecen… Pero gracias a vuestro ingenio y sabiduría hemos podido ir resolviendo estos misterios semana a semana. 
La misión a la que nos enfrentamos hoy puede que sea la más difícil de todas. Las misiones están bloqueadas, sólo accederéis a la siguiente si desbloqueáis la anterior, pero cuidado, si cometes un error deberás volver a empezar desde el principio, por lo que te recomiendo que uses lápiz y papel y vayas anotando tus respuestas.
¿Estáis preparados? Coged vuestra varita y adentraros en la aventura.

https://view.genial.ly/5ec636b96050130d21470e70/game-breakout-donde-esta-harry

¿Serás capaz de encontrar a Harry Potter? 
Pincha en la imagen vete a INTRODUCCIÓN y lee atentamente.
Dirígete al apartado de la MISIÓN, obtendrás valiosas pistas. Mira el vídeo.
Dale a EMPEZAR. Realiza la primera misión y vete desbloqueando las misiones hasta llegar a la caja fuerte. ¡Cuidado! Si fallas deberás volver a empezar.
Anota las pistas, te harán falta para abrir la caja fuerte.
Si logras salir victorioso de esta misión, conseguirás descubrir donde está Harry Potter.
Mándanos un whatsApp con el nombre de la sala y recibirás tu recompensa.

😍MATILDA😍

¡LEEMOS MATILDA! Esta semana vamos a continuar con la lectura de Matilda, pincha en la fantástica ilustración realizada por Valeria y accederás al libro. Cada día debes leer un capítulo y contestar a las preguntas de la ficha. El viernes deberás enviar la contestación a todas las preguntas de la ficha.


Libro de lectura
https://drive.google.com/file/d/1-ad2Hd8AjKPFNY2I52IErsCEHDNYW39j/view
Marabillosa ilustración realizada por Valeria 6ºB
 Ficha de comprensión 
https://drive.google.com/file/d/1ufGQwOqS6XUWbUw7eaf5rNedzO9SDvcV/view?usp=sharing




----- LINGUA GALEGA-----


<div style="text-align:center;"><div style="margin:8px 0px 4px;"><a href="https://www.calameo.com/books/006193024b7454919806d" target="_blank">Libro Dos Recordos Felices Ceip Atín Cela</a></div><iframe src="//v.calameo.com/?bkcode=006193024b7454919806d" width="300" height="194" frameborder="0" scrolling="no" allowtransparency allowfullscreen style="margin:0 auto;"></iframe><div style="margin:4px 0px 8px;"><a href="http://www.calameo.com/">Publish at Calameo</a></div></div>
Pica na imaxe para acceder ao libro


💖Libro dos recordos felices💖 
Lembrades a actividade “Emocionámonos”? Cada un de vós tiña que lembrar os momentos máis felices, dos vividos na escola. Hoxe presentámosvos a recompilación dos vosos escritos, en forma de libro de recordos felices. Esperamos que vos guste.





💌Atinando nos recordos💌
Cada un de vós escribiu unha carta a un usuario da asociación de AFAGA. Estas xa foron entregadas aos seus detinatarios e moi pronto, recibiredes a súa contestación.

Que ilusión recibir a carta! E como nos agrada tanto esta experiencia, queremos continuala. Así que xa sabedes, lede con moita atención o voso correo e pensade na vosa resposta.

     Contestamos ás cartas
https://drive.google.com/file/d/1gEoUsmt35W7XE9fioJeRxRAR_2KDu1sM/view?usp=sharingEspera a recibir a túa carta. Cando a teñas le prestando moita atención.
Tendo en conta o escrito que acabas de ler, pensa na túa resposta.
Debes seguir o modelo da imaxe.
Contido: non esquezas agradecer o seu correo e contarlle o que máis che gustou. Mínimo 10 liñas.
Moi importante: revisa o teu texto asegurándote de que se entende o que queres dicir e que non contén faltas de ortografía.
Debes escribir a túa contestación no ordenador e gardar o documento en PDF.
Nomea o teu arquivo: curso + nome + carta, por exemplo, 6ºA SABELA, carta


     SAÍMOS NA PRENSA!
A continuación podedes ler as noticias publicadas facéndose eco do noso proxecto. Picando nas imaxes poderás ler os artigos.



https://fagal.org/afaga-colexio-interxeracional-gl.html

 
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/mos/2020/05/23/lecciones-carta-mos/0003_202005V23C5991.htm
     
E NA RADIO!
https://drive.google.com/file/d/1LpAyhYWJXP7BvI_wJnM3cwcMyn61y11M/view?usp=sharing
Pica na imaxe para acceder ao programa
 ↝O GUERNICA DE PABLO PICASSO↜  
Nesta semana o mestre Óscar proponnos afondar no coñecemento dun dos creadores máis recoñecidos do mundo, Pablo Picasso, e dunha das súas magníficas obras "O GUERNICA".
Podedes ler a proposta didáctica completa picando nas misións: Misión 16 e Misión 17
Empezamos esta aventura vendo uns vídeos sobre Pablo Picasso e O Guernica.


Pablo Picasso

 O Guernica
          CONVERTÍMONOS EN CRÍTICOS DE ARTE!

O Guernicahttps://drive.google.com/file/d/1BBQ_bGBzkLXbV9EZU7cWdpoY6M6aXEGr/view?usp=sharing

 Ficha de crítico artístico
Podes ver esta ficha na Misión 16
 
Pica no cadro do Guernica e obsérvao con atención.
Cubre a túa ficha de crítico artístico, tendo en conta que:
- Non é preciso que imprimas a ficha, faina nun folio que teñas en casa. 
- Lembra que dispós de toda a información na Misión 16.
Nomea o teu arquivo: curso + nome + ficha Guernica, por exemplo, 6ºB ARIADNA, ficha Guernica
Envíao como arquivo adxunto ao mestre Óscar: oscar.colmenero@edu.xunta.es


----- PLÁSTICA-----
Creamos o noso propio Guernica
Imos crear a nosa propia obra artística, para facelo tes dúas opcións: 
OPCIÓN 🅐 Le todos os detalles sobre a realización na Misión 17.  
OPCIÓN 🅑 Bótalle imaxinación! Crea o teu propio Guernica, basándote na obra orixinal. Podes facer un collage con recortes de xornais ou revistas, debuxalo axudándote dalgún programa de ordenador, con acuarelas,... Non hai límite para crear.


Nomea a túa creación: curso + nome + Guernica, por exemplo, 6ºA LAURA, Guernica.
Envíaa como arquivo adxunto a: oscar.colmenero@edu.xunta.es

---- CIENCIAS NATURAIS----
A materia e a enerxía
Pon ao día o teu caderno copiando o apartado sobre as principais fontes de enerxía.
Pon a proba os teus coñecementos realizando o Crucicrama e o Pasapalabra. 
Realiza a actividade 6, que consiste en completar o esquema.


Caderno
https://drive.google.com/file/d/1f-b3eeJGB-tpBlKmCPHB8H76ijSCwjak/view?usp=sharing

Crucigrama
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5848527-fontes_de_enerxia.html

Pasapalabra
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5848609-a_materia_e_a_enerxia.html
 

 ----- MATEMÁTICAS-----

En matemáticas realizaremos un kahoot! dos contidos traballados a semana pasada, e continuaremos o repaso de conceptos vistos ao longo do curso.

Repasamos as operacións combinadas
https://kahoot.it/challenge/08616879?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1587202078029 Debes volver a ver os vídeos e xogar ao quizizz para asegurarte de que dominas os conceptos básicos.
Fai o Kahoot! identificándote co teu nome e clase, por exemplo, LOIS 6ºA. Xoga só unha vez e lembra que estará dispoñible o luns e o martes.
NOTA IMPORTANTE: xa está dispoñible o kahoot! Xoga con responsabilidade, utiliza só o teu nome e curso, calquera nome que non se corresponda cun alumno de 6º será borrado do historial.

Pontencias e raíces cadradas 
En primeiro lugar, repasaremos as potencias (vídeo 1) e practicaremos facendo un Quizizz.
Despois, veremos un vídeo de Troncho e Poncho, para matemáticos nivel PRO (vídeo 2), repasaremos as potencias co quizizz, lembraremos as potencias de base 10 (vídeo 3) e as raíces cadradas (vídeo 4) e faremos unha ficha de exercicios.


VÍDEO 1 

Que es la potenciación

Quizizz Vídeo 1
 VÍDEO 2 
Potencias para matemáticos nivel PRO
Quizizz Repaso potencias
VÍDEO 3 

Potencias de base 10



VÍDEO 4

Qué es una raíz cuadrada



https://drive.google.com/file/d/1y5f3jcVw4_Cfr_94hvSBCGmxE82tITwi/view?usp=sharing
PICA NA IMAXE PARA ACCEDER Á FICHA


IMPORTANTE: aqueles que teñades dificultades para ver os vídeos nos vosos ordenadores, podedes facelo nun teléfono móbil ou copiar as URL que vos deixo a continuación na barra de direccións.
Vídeo 1: https://youtu.be/vwzZEB0SzCI
Vídeo 2: https://youtu.be/A55XWvZVWGY
Vídeo 3: https://youtu.be/CHqZrWpFr0E
Vídeo 4: https://youtu.be/sOx_jxp2INE




🎯Cálculo Mental🎯
http://lapandilladelarejilla.es/juegos-tablas-de-multiplicar/Xa practicamos as táboas con decimais ata o número 11, continuaremos esta semana coas multiplicacións con decimais do número 12.

Como enviar os teus resultados? 
Realiza o exercicio indicado e accede á grella de resultado.
Comproba que os teus resultados son do 80% ou máis, senón é así, repite o exercicio.
Fai unha foto á pantalla e gárdaa. 
IMPORTANTE! Pon nome á túa foto, curso + o teu nome + exercicio realizado, por exemplo: 
6ºB MANUEL, x12


------ CIENCIAS SOCIAIS-----
Podes acceder á proposta da mestra Viqui para esta semana picando aquí.


------ VALORES------

O plástico nos océanos
O 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. Un dos maiores impactos que sofren os nosos mares e océanos é o lixo que procede de terra adentro e que se acaba convertendo en lixo mariño. 
Mira con moita atención o vídeo "Peixe ao forno" e le o artigo "Botella al limón y sopa de pajitas..."


Peixe ao forno



https://verne.elpais.com/verne/2018/06/10/articulo/1528642202_233303.html



REFLEXIONA
Despois de ver os vídeos "Peixe ao forno" e "Botella al limón y sopa de pajitas" deberás escribir un texto, que cumpla as seguintes condicións:

Inicia o teu escrito describindo o que se ve nos vídeos e que cres que buscaban os creadores cando os gravaron.
A continuación explica que podemos facer para que se reduza o consumo de plástico e así, non acabe contaminando os nosos mares. Fíxate no final do artigo e obterás valiosas pistas.
Ponlle un título que concorde co que acabas de escribir.
O teu texto debe ter unha extensión mínima 10 liñas, coida a presentación e asegúrate de que non contén faltas de ortografía.
Envía a túa creación como correo adxunto ao mestre Eduardo. eduardoalonso@edu.xunta.es

------ ENGLISH ------

Good morning guys. As I know you liked doing the kahoot in English,  here you have another one about irregular verbs. Come on, I expect a close competition because we all know the verbs. Good Luck and show me everything you know.

https://kahoot.it/challenge/01894317?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1590478944881


I´m sending you a tutorial to easily  access the reading book.Click on the image and follow the instructions.

https://drive.google.com/file/d/1YoBZ9FLwOG2W4f0uAiSeQ81zqqQZ4Cb9/view?usp=sharing

17 comentarios:

  1. Rita Granger5/24/2020

    Encántame a páxina desta semana!! E sobre todo o libro dos recordos felices. Saúdos!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Rita, alégrome moito de que che guste :-)

      Eliminar
  2. ola Fani que chula a paxina desta semana.

    ResponderEliminar
  3. que bonito o libro de recordos felices

    ResponderEliminar
  4. Como mola o de recordos felices.Fani soy Tania

    ResponderEliminar
  5. ENGLISH: revisade ao final da entrada. Tedes que facer un KAHOOT! Antes do venres. Un saúdo

    ResponderEliminar
  6. Fani soy Tania como mola

    ResponderEliminar
  7. Rita Granger5/26/2020

    Ola Fani! Cada vez somos máis famosos...:-) Foi hoxe?

    ResponderEliminar
  8. Ola Rita, foi onte, a mestra Joana fíxoo fenomenal!

    ResponderEliminar
  9. ola Fani non atopo o traballo de Guernica son Laura

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Laura, o traballo do Guernica está nesta entrada cun título moi grande que di "O Guernica de Pablo Picasso". Un sáudo

      Eliminar
  10. IMPORTANTE: lémbrovos que é obrigatorio identificarse cando facemos un comentario, para saber a quen teño que dirixir a resposta. Todos os comentarios anónimos serán borrados.

    ResponderEliminar
  11. Respecto da actividade do GUERNICA: lede ben as instrucións recollidas nesta entrada, danse dúas posibilidades para realizar a vosa creación. Están todas as indicacións escritas. Saúdos

    ResponderEliminar
  12. Ariadna5/28/2020

    hola Fani y soy Ariadna no me carga el libro del Matilda y no lo puedo leer .

    ResponderEliminar

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.