PLANIFICACIÓN SEMANAL
(Do 30 de marzo ao 03 de abril)
Queridos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria:
Como seguimos de corentena, e aínda non podemos volver ao colexio, enviamos a planificación desta semana que vai dende o luns, 30 de marzo ao venres, 3 de abril. Lembrade que a semana do seis ao dez de abril é Semana Santa e non eviaremos a planificación semanal, aínda que se poden propoñer actividades lúdicas de realización voluntaria.
Quero felicitarvos a todos e todas polo ben que traballastes durante esta semana. Sentímonos orgullosos de que sigades vendo o blogge a diario, facendo os exercicios, enviando os correos, aprendendo a gardar os vosos documentos en PDF, facendo manualidades, exercicio en casa,... e todo isto cunha actitude positiva, sempre cun sorriso na cara e axudando as persoas que máis vos precisan.
Seguide así!
RECOMENDACIÓNS sobre a entrega das tarefas:
- Intentade enviar un único correo diario con todas as tarefas programadas para ese día. Por exemplo: Tarefa de María 30/03. Nese correo podedes enviar varios arquivos adxuntos.
-Envío de fotografías: antes de enviar unha foto asegúrate de que está enfocada e que imos poder ver o seu contido sen dificultade.
-Documentos de texto: o formato preferente será PDF. Podedes ver un titorial de como converter un documento Libre office writter ou word en PDF pinchando aquí.
Ficha número 1
|
Ficha número 2
|
Ficha número 3
|
Problemas Quizizz
Le a guía antes de empezar a resolver os problemas
|
Quizizz 1
|
Quizizz 2
|
Quizizz 3
|
Quizizz 4
|
Quizizz 5
|
Avaliación do cálculo
❶Picha sobre a imaxe e resolve as operacións. Acórdate de poñer as comas cando sexa necesario.
❷Cando remates pincha na palabra TERMINADO.
❸Sairache unha pantalla con dúas opcións: "Comprobar mis respuestas" ou "Enviar mis respustas a mi profesor/a".
❹Cando esteas segur@ introduce o teu nome sen apelidos, o curso (6ºA ou 6ºB), asignatura (matemáticas) e o código: t95ayqb3v3
❺Envía as respostas e espera os resultados.
❹Cando esteas segur@ introduce o teu nome sen apelidos, o curso (6ºA ou 6ºB), asignatura (matemáticas) e o código: t95ayqb3v3
❺Envía as respostas e espera os resultados.
💢 SORTE! 💢
Avaliación dos problemas
❶ Para facer esta proba debes ter practicado primeiro os 5 bloques de problemas de quizizz. Con tanta práctica, seguro que te sairán xenial!
❷ Pincha sobre a imaxe de Kahoot! e escribe o teu nome e curso, por exemplo, Martiño 6ºA
❸ Le con calma, terás tempo suficiente para contestar, e cando esteas segur@ contesta.
❹ IMPORTANTE! A data de realización do kahoot! é o venres, 3 de abril. Posteriormente, non estará dispoñible.
❺Lembra que só poderás xogar unha vez 😅, así que repasa moi ben os contidos antes de empezar.
--------------LINGUA GALEGA--------------
💖#CandoPaseTodoIsto💖
Podes ler todos os escritos enviados pinchando aquí.
😈FAKE NEWS👿
As fake news ou noticias falsas (non bulos, dígocho eu!) son un tipo de mentiras ou trolas con contido pseudoperiodístico transmitido a través de prensa escrita, radio, televisión, redes sociais,... cuxo obxectivo é a desinformación.
Nos móbiles recibimos moita información que non é correcta ou é manifestamente "malintencionada", estas tamén son fake news, aínda que a persoa que a envíe sexa un coñecido, amigo, familiar,... e el non o faga con mala intención, pode ser que estea a enviar unha noticia falsa, que antes xa lle enviaron a el.
Así que ollo 👀, non envíes noticias que non son de organismos oficiais! Non contribúas á propagación de fake news❗
E para que sexas consciente do fácil que é crear unha noticia falsa e transmitila, propoñemos facer unha, así quizais, a próxima vez que leas un whatsApp ou unha noticia en internet, penses...
-O autor é un organismo oficial❓
-Debo crer esta información que non está asinada por ninguén❓
-...❓
E non a reenvíes se non estás segur@ de que é real.
Para facilitar o teu traballo a mestra Joana creou a seguinte guía que podes descargar aquí.
Nos móbiles recibimos moita información que non é correcta ou é manifestamente "malintencionada", estas tamén son fake news, aínda que a persoa que a envíe sexa un coñecido, amigo, familiar,... e el non o faga con mala intención, pode ser que estea a enviar unha noticia falsa, que antes xa lle enviaron a el.
Así que ollo 👀, non envíes noticias que non son de organismos oficiais! Non contribúas á propagación de fake news❗
E para que sexas consciente do fácil que é crear unha noticia falsa e transmitila, propoñemos facer unha, así quizais, a próxima vez que leas un whatsApp ou unha noticia en internet, penses...
-O autor é un organismo oficial❓
-Debo crer esta información que non está asinada por ninguén❓
-...❓
E non a reenvíes se non estás segur@ de que é real.
Para facilitar o teu traballo a mestra Joana creou a seguinte guía que podes descargar aquí.
Podedes ler as vosas noticias falsas pinchando na imaxe.
------Día Internacional do Autismo------
O próximo xoves, 2 de abril é o Día Internacional do Autismo, e para conmemorar esta data a mestra Nerea, creou esta infografía. Nela atoparedes información sobre as persoas que padecen TEA e tamén a tarefa a realizar, que consiste na realización dun debuxo ou unha entrada no teu diario.
Podedes ver as vosas fermosas creacións pinchando na imaxe.
Pinchando no sobre accederedes a unha fermosa carta que vos escribe a mestra Nerea.
Carta de Nerea ao alumnado |
------Lingua Castelá------
💥Los Determinantes💥
En Lingua Castelá seguimos avanzando no coñecemento das distintas clases de palabras. E grazas a estas 💕marabillosas actividades💕que elaborou a mestra Joana, nesta semana traballaremos cos Determinantes.
❶ Debes ler con atención o caderno, sen esquecerte de pinchar sobre os títulos para acceder aos vídeos explicativos.
❷ Elabora un esquema coa información do caderno.
❸ Fai a Misión "Recuperar el diario de Tom Ryddle"
❹ Para superar a Misión debes anotar todas as túas respostas nunha folla, facerlles unha foto e envialas ao correo.
❹ Para superar a Misión debes anotar todas as túas respostas nunha folla, facerlles unha foto e envialas ao correo.
Podes ver os esquemas dos determinantes pinchando aquí.
💥EMOTI-CUENTO💥
Podes ver os vosos "Emoti-Cuentos" pinchando na imaxe.
EMOTI-CUENTOS |
------Ciencias Naturais------
💢Kahoot: "Os ecosistemas e as cadeas alimentarias"💢
❶ Le varias veces os apartados do teu caderno "Os Ecosistemas" e "As cadeas alimentarias".
❷ Pincha sobre a imaxe de Kahoot! e escribe o teu nome e curso, por exemplo, Ariadna 6ºB
❸ Le con calma, terás tempo suficiente para contestar, e cando esteas segur@ contesta.
❹ IMPORTANTE! A data de realización do kahoot! é o martes, 31 de marzo. Posteriormente, non estará dispoñible.
❺Lembra que só poderás xogar unha vez 😅, así que repasa moi ben os contidos antes de empezar.
❻ Para facer o kahoot! Non é preciso introducir ningún pin, nin contrasinal, só o teu nome e curso!
❺Lembra que só poderás xogar unha vez 😅, así que repasa moi ben os contidos antes de empezar.
❻ Para facer o kahoot! Non é preciso introducir ningún pin, nin contrasinal, só o teu nome e curso!
💢 SORTE! 💢
Contidos avaliados: "Os Ecosistemas" e as "Cadeas alimentarias" |
💢Kahoot: "Especies en perigo de extinción, causas"💢
❶ Le varias veces o apartado do teu caderno "Segundo a ONU, que cinco cousas estamos facendo para pór a un millón de especies en perigo de extinción". Non esquezas ver os vídeos "La deforestación y el aceite de palma" e "Acabemos con la sobrepesca", que están a túa disposición no caderno. Podes repasar pinchando aquí.
❷ Pincha sobre a imaxe de Kahoot! e escribe o teu nome e curso, por exemplo, Ariadna 6ºB
❸ Le con calma, terás tempo suficiente para contestar, e cando esteas segur@ contesta.
❹ IMPORTANTE! A data de realización do kahoot! é o martes, 02 de abril. Posteriormente, non estará dispoñible.
❺Lembra que só poderás xogar unha vez 😅, así que repasa moi ben os contidos antes de empezar.
❻ Para facer o kahoot! Non é preciso introducir ningún pin, nin contrasinal, só o teu nome e curso!
💢 SORTE! 💢
kahoot!: "Especies en perigo de extinción, causas" |
------PLÁSTICA------
Esta semana en plástica faremos a segunda Misión proposta polo mestre Óscar ao seu alumnado de Reforza-T. E tan bonita! 💖 Sería xenial que todos os alumnos e alumnas de sexto a fixésedes. Na realización deste traballo debedes seguir os pasos indicados:
❶Picade no cartel "Pancartas Solidarias" que vos levará a un enlace onde está todo moi ben explicado.
❷Elabora a túa pancarta tendo en conta as indicacións.
❸Facédelle unha foto ao voso traballo rematado e enviádea ao meu correo (estefaniapuga@edu.xunta.es) e se vas a Reforza-T podes enviarllo tamén ao profe Óscar.
Podedes ver as vosas pancartas pinchando aquí.
O mestre Eduardo propón realizar a seguinte actividade:
❶ Visualiza o vídeo "Mi padre es pescador"
❷Responde á pregunta que atoparás ao final do vídeo "¿Qué podemos hacer tod@s para que haya mares para siempre?". A extensión mínima do teu escrito debe ser de 15 liñas e a data límite de entrega o 13 de marzo. O voso traballo, neste caso, será en lingua castelá.
❸ Envía o teu traballo como foto ou PDF a eduardoalonso@edu.xunta.es e tamén a estefaniapuga@edu.xunta.es (para poder subilos ao blogge).
Podedes visualizar os vosos traballos pinchando aquí.
------CIENCIAS SOCIAIS------
Podedes consultar as indicacións sobre as tarefas a realizar en Ciencias Sociais, pinchando aquí.
------AULA DE MÚSICA------
Dende a aula de música faise esta fermosa proposta, pincha na imaxe e a coñecerás!
------INGLÉS------
Podedes consultar as indicacións sobre as tarefas a realizar pinchando aquí.
------Reforza-T------
Para todos os alumnos e alumnas que asisten ao programa Reforza-t, o mestre Óscar déixalle todos os luns e mércores as súas misións. Para acceder a elas pincha na imaxe.
------Semana Santa------------Reforza-T------
Para todos os alumnos e alumnas que asisten ao programa Reforza-t, o mestre Óscar déixalle todos os luns e mércores as súas misións. Para acceder a elas pincha na imaxe.
Durante a Semana Santa non haberá planificación semanal de actividades, aínda que si poderemos facervos algunha proposta voluntaria para intentar manternos activos nestes días... Empezamos con algúns consellos da Cruz Vermella, esperamos que vos sexan útiles.
💫CREA O TEU PROPIO CONCURSO DE TALENTOS💫
❶ Deseña un cartel atractivo, podes facelo a man ou utilizar algún programa de ordenador como Canva. No lado dereito, tes un exemplo, se queres descargalo podes facelo aquí.
❷ Invita aos amig@s e familiares que queiras que participen mostrando os seus talentos.
❸ Dálle un prazo para que ensaien ou graven as súas actuacións. E establece unha data límite.
❹ Prepara unha cerimonia de entrega de premios que podes gravar e enviar a todos os participantes, ou facer en directo mediante vídeo-chamada. Pensa no que vas a dicir na cerimonia e prepara un guión que debes ter listo para ler o gran día.
❺ O mellor premio será compartir esta experiencia cos teus seres queridos. Anímote a que premies a participación de todos cunha palabras de agradecemento e podes entregar ademáis un diploma. Déixovos aquí unha mostra, que se vos gustan podedes utilizar.
🎲 SUPERSÉIS 🎲
Para entreterse en familia ou xogando cos amigos mediante vídeo-chamada, achégovos este xogo de estratexia e cálculo de probabilidades, que podedes facer vós mesmos. Mira o vídeo no que o matemático Jose Ángel Murcia, nos explica en que consite.
E para todos os namorados das matemáticas, recoméndovos que lle botedes unha ollada á súa canle, onde atoparedes moitas propostas interesantes para facer nestes días.
🎁💣ORGANIZA UNHA BUSCA DO TESOURO 💣🎁
E para todos os namorados das matemáticas, recoméndovos que lle botedes unha ollada á súa canle, onde atoparedes moitas propostas interesantes para facer nestes días.
🐻 O XOGO DO OSO 🐻
Anímate a probar este divertido xogo, para o que só precisarás papel, lapis e un contrincante.
🎁💣ORGANIZA UNHA BUSCA DO TESOURO 💣🎁
❶ Elixe algún tesouro, algo que sexa divertido buscar (unha
lambetada, un xoguete, unha carta, un
diploma,...). Para gardar o teu premio podes facer unha manualidade con material de refugallo, podes ver un exemplo na foto que acompaña o texto, onde se pode ver un recipente de ovos decorado. Utiliza a túa imaxinación!
❷Debuxa un plano da
túa casa e inventa unha historia ou conto que faga aos participantes máis
atractiva a busca. Pode ser de: Harry Potter, de piratas, de pantasmas,… ten en
conta o gusto dos participantes.
❸Elabora un mínimo de 5 tarxetas con pistas e adiviñas que
leven dunha a outra ata chegar ao tesouro final. Cada tarxeta recollerá unha
tarefa que haberá que resolver para acceder á seguinte pistas.
❹As PROBAS a superar poden ser sinxelas como contar un
chiste, físicas como andar á pata coxa, mentais resolver unha adiviña ou xogo de lóxica,… etc. Podes
recoller ideas nos seguintes enlaces:
❺Nas pistas que leven aos participantes dun escenario a
outro podes utilizar metáforas, por exemplo, “zona polar” para referirse á
neveira ou a “fábrica de soños” para indicar que teñen que buscar nunha cama.
Desexo que a vosa busca sexa un éxito!
Queridos alumnos e alumnas, espero que vos gusten as actividades que propoñemos para esta semana. Moito
ResponderEliminarAnimo a tod@s! Xa queda menos!
MOITAS FELICIDADES SAÚL!! PARABÉNS!!
ResponderEliminarFani,esquecinme de por o nome e o curso,ah!!!por certo loisxabi e Lois6ºA
ResponderEliminarBos días Lois, moitas grazas por avisas. Espero que che resultara fácil. Un saúdo.
EliminarFani sen querer no kahoot puxen Martiño 6ºB en vez de 6ºA
ResponderEliminarOla, non pasa nada Martiño, xa sei que es ti ;-)
EliminarArmindo nosotros non copiamos los ecosistemas na libreta de c.n ¿hai que copialo?
ResponderEliminarFani donde esta o de mirar pola venta e o das cartas de animo
ResponderEliminarOla, vou a poñer un enlace ao final desta entrada para que poidades ver os vosos traballos, cando teña un momentiño, fágoo. Saúdos Alba
EliminarFani se querer puxen so o meu nome e non o curso perdoa
ResponderEliminarOla, non te preocupes Laura non pasa nada ;-)
Eliminarno kahoot
ResponderEliminarFani gustoume moito o kahoot e axudoume o non haxudume nadie
ResponderEliminarOla Tania, alégrome de que che gustara e quedaches moi ben situada na clasificación, parabéns!
EliminarFELIZ ANIVERSARIO MARTIÑO!!
ResponderEliminarFani hai un video de digocho e que e non digas esguince e moi divertido
ResponderEliminarGrazas por recomendarmo, vou velo agora mesmo :-)
EliminarLas divisiones se hoy son un poco dificiles
ResponderEliminarOla Tania, antes de facer a división multiplica o dividendo e o divisor por 1000. Despois divide normalmente. Inténtao, é máis fácil do que parece. Xa me dirás se fuches capaz ;-)
EliminarHola Fani como te envio o de Kahoot
ResponderEliminarOla, o kahoot! recíboo eu automáticamene, ti só tes que completar as preguntas e nada máis. Espero que che saíse fenomenal :-)
EliminarFani na multiplicación puxen un sete en vez de un un
ResponderEliminarfani no kahoot o que me pasou e que sainme sin querer e volvin facelo na que terminei chamome alba 6ºA
ResponderEliminarBos días Alba, non te preocupes, non pasa nada. Un saúdo
EliminarA fake new ten que ser sobre o covid 19
ResponderEliminarOla Alba, a fake news pode ser do tema que ti prefiras. Un saúdo
EliminarOla Fani!! Xa estou rematando de organizar o concurso de talentos. Moi boa idea!! Encantoume! Seguro que aos meus amigos lles gusta moito. Un bico. :)
ResponderEliminarBos tardes Rita, alégrome moito de que che gustara e non esquezas compartir con nós a experiencia :-)
ResponderEliminarOla profe!!! Como mola o test que fixo Joana!!! Tiven todas as respostas ben. Un bico xigante para ti e para Noa Granger : )
ResponderEliminarOla Rita, está fenomenal! E seguro que respondeches correctamente a todas as preguntas... Un saúdo para ti e a túa familia.
EliminarEncantoume Fani a túa iniciativa de o cartel
ResponderEliminarBos días Alba, alégrome de que che guste, anímate a facelo! :-)
EliminarFani, DÍGOCHO EU ESTÁ DE ANIVERSARIO!! CUMPRE CEN CAPÍTULOS!!!
ResponderEliminarBoas tardes Rita, parece que foi onte cando empezaron! Parabéns para un programa tan querido... Un saúdo
Eliminar