Queridos alumnos e alumnas:
Para facer un seguimento do voso traballo cremos necesario planificar as tarefas concretas a realizar cada día. Na seguinte grella podedes ver ordenados os vosos traballos para esta semana. Intentade ser constantes, traballar todos os días e non vos esquezades de mantervos activos e optimistas, só así venceremos... Moito ánimo!!
RECOMENDACIÓNS sobre a entrega das tarefas:
- Intentade enviar un único correo diario con todas as tarefas programadas para ese día. Por exemplo: Tarefa de María 24/03. Nese correo podedes enviar varios arquivos adxuntos.
-Envío de fotografías: antes de enviar unha foto asegúrate de que está enfocada e que imos poder ver o seu contido sen dificultade.
-Documentos de texto: o formato preferente será PDF. Podedes ver un titorial de como converter un documento Libre office writter ou word en PDF pinchando aquí.
REFORZA-T: para todos os alumnos e alumnas que asisten ao programa Reforza-t, o mestre Óscar déixalle todos os luns e mércores as súas misións. Para acceder a elas pincha na imaxe.
CARTA DA MESTRA DE INGLÉS AO ALUMNADO DE 6º: Rosa déixavos unha bonita carta dándovos indicacións sobre a tarefa a realizar. Podes acceder á carta en inglés aquí e en español picando na imaxe.
CERTAME DE DEBUXO DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Nestes días de confinamento, propoñemos a todo o alumnado de infantil e primaria que fagades un debuxo. Pode ser:
- Unha homenaxe aos sanitarios, corpos de seguridade... e todas aquelas persoas que nos coidan, axudan e traballan para que non nos falte de nada.
- Como estamos a vivir esta situación e como nos sentimos.
ANÍMATE A PARTICIPAR!
- TAREFAS DOS ESPECIALISTAS: lembrade que os especialistas deixaron unha planificación das tarefas que había que facer nos primeiros quince días de corentena. A próxima semana subiranse novas actividades. Así que, aproveitade para rematalas, os que non o fixérades xa. Pinchando nas especialidades accederedes á tarefa.
Fani os traballos de inglés sociales é educación física como e cando hai que entregalos?
ResponderEliminarOla Martiño, o traballo dos especialistas é para quince días. Podedes ir enviándoo aos seus correos a medida que o vaiades facendo. Saúdos.
ResponderEliminarIsto de proa hay que entregalo?
ResponderEliminarOla, o de REFORZA-T é voluntario. Saúdos
EliminarFani,onde están todos os contidos?son Lois
ResponderEliminarHola voto de menos facer club de lectura de Harry Potter
ResponderEliminar