domingo, 12 de abril de 2020

TAREFA PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL


PLANIFICACIÓN SEMANAL
(Do 14 ao 17 de abril)



Queridos alumnos e alumnas:


Aquí chega a primeira planificación semanal do terceiro trimestre. Nesta ocasión só están programados catro días, posto que o luns non é lectivo.

É importante que sigades facendo as tarefas diarias programadas e cumprindo os prazos marcados.

Xa sabedes que podedes consultar as vosas dúbidas a través dos comentarios ou enviando un correo electrónico.


Ánimo! Estamos xuntos nisto! 







RECOMENDACIÓNS sobre a entrega das tarefas:

-Intentade enviar un único correo diario con todas as tarefas programadas para ese día. No ASUNTO indica o teu nome e a data, por exemplo, Tarefa de Luís 14/04. Nese correo podedes enviar varios arquivos adxuntos.

-Envío de fotografías: antes de enviar unha foto asegúrate de que está enfocada e que imos poder ver o seu contido sen dificultade.

-Documentos de texto: o formato preferente será PDF. Podedes ver un titorial de como converter un documento Libre office writter ou word en PDF pinchando aquí.




--------- ⛬ MATEMÁTICAS ---------


Nesta semana comenzaremos o tema de xeometría e concretamente traballaremos cos triángulos. Fíxate na planificación e realiza a tarefa marcada para cada día.

Na grella que tedes a continuación atoparedes os vídeos e debaixo deles o enlace para acceder aos Quizizz.


OS TRIÁNGULOS

VÍDEO 1: Tipos de Triángulos segundo os seus lados

VÍDEO 2: Ángulo internos de un triángulo.
Quizizz: Triángulos 2

VÍDEO 3: Tipos de ángulos
Quizizz: Triángulos 3
VÍDEO 4: Tipos de triángulos segundo os seus lados e ángulos (esquema).

Práctica: clasifica os triángulos

Nota a ter en conta: para realizar o exercicio número tres da ficha, precisas transportador de ángulos, pero se non dispós de ningún na casa, non te preocupes fai os ángulos de forma aproximada.


FICHA DE EXERCICIOS

https://drive.google.com/file/d/1aHAwcwkScOcWpFSohTY6VaLySXEEJJ_Z/view?usp=sharing



--------- LINGUA GALEGA ---------


Nesta semana temos programado iniciar a lectura dun libro novo, acompañada dun kahoot! e a realización dunha actividade creativa coas palabras que definen a túa vida en corentena,... Esperamos que vos gusten!


📗 LECTURA: "BOA SORTE" 📗

Xa sabedes o importante que é para nós a lectura, pero o plan de ler en cada avaliación catro libros (dous en LG e outros dous en LC) debemos interrompelo porque estando en casa non podemos ir ás bibliotecas, nin ás librerías e, polo tanto, imos centrarnos nos libros dixitais, así garantizámonos que todos temos acceso ao mesmo libro.

Lembra que polo momento, non é preciso que fagas as fichas de lectura.

Pica na imaxe e accederás ao libro Boa Sorte e le ata a páxina 19.


file:///C:/Users/Usuario/Desktop/PRÓXIMAS%20TAREFAS/BoaSorte_MariaSolar_BaiaEdicions.pdf


Fai o kahoot! No que deberás contestar a preguntas relacionadas coa túa lectura. Lembra que debes xogar só unha vez e indicar o teu nome e curso, por exemplo, Tania 6ºB.
https://kahoot.it/challenge/09995582?challenge-id=54c71a1d-4671-4ef7-aa9d-5242edac519f_1586767992545




⛅ NUBE DE PALABRAS
 

Cales son as palabras que describen a túa vida en corentena?

Buscar as palabras que definen a nosa vida en corentena supón reflexionar sobre a realidade que estamos vivindo.

Anímate pois, a pensar sobre as palabras protagonistas da túa vida en familia, non penses só nas evidentes ou negativas, seguro que hai moitas positivas como familia, xogo, tranquilidade,...

Fai unha lista de 30 palabras en galego, preferentemente positivas, que definen a túa vida en corentena. Por favor, consulta o dicionario para aclarar as túas dúbidas.

https://academia.gal/dicionario

Inicia a actividade accedendo a aplicación:

https://wordart.com/

Pincha na imaxe para ir á "Guía para realizar a túa nube de palabras". E sigue os pasos indicados.

https://drive.google.com/file/d/1OEsdOJD8qVlT-2l1dUzxfVdUSX9YoHTn/view?usp=sharing


Podes ver un vídeo explicativo sobre o manexo da aplicación WordArt.com, pinchando aquí.

Dálle forma as túas palabras, sé creativo! 

Pincha na imaxe para ver as vosas preciosas creacións...


https://drive.google.com/drive/folders/1LQhiJ4_Da8WIi9HrjVPhtKH5LuBxxSMF?usp=sharing



---------  LINGUA CASTELÁ ---------

Iniciamos o traballo para lingua castelá, cunha proposta que promove a busca no noso entorno próximo, dos nosos heroes e heroínas en tempos de corentena e remataremos coa lectura dun curioso artigo de prensa, que dá unha visión diferente e positiva sobre como está afectando ao medioambiente o parón productivo.




😇 #HÉROES SIN CAPA   😇



Eres un héroe... así empieza el anuncio que nos sirve de inspiración para realizar esta actividad. Puedes verlo pinchando aquí.

Mira a tu alrededor, echa un vistazo a los que tienes más cerca y busca entre ellos a los héroes y heroínas que durante estos días están desarrollando su labor para que todos nosotr@s podamos quedar en casa.

Fíjate en esas personas que sin ser "supermanes" o "superwomanas", consiguen llevar a nuestro día a día un poquito de felicidad:
  • Los panaderos, gracias a ellos comemos pan fresco cada día.
  • Los encargados de recoger la basura y limpiar las calles.
  • Las fuerzas de seguridad y los militares que se encargan de que se cumplan las medidas del estado de alarma.
  • El personal sanitario, que vela por la salud de tod@s.
  • Los cuidadores de ancian@s, que hacen que las personas mayores estén cuidadas.
Puedes ver un cartel con algunos ejemplos de heroínas pinchando aquí




¿Cuáles son los héroes y heroínas de tu vida en cuarentena?


  Escribe la historia del héroe o heroína de tu vida en cuarentena, en tu escrito deberás responder a las siguientes preguntas: ¿Quién es? ¿Qué relación tiene contigo? ¿Cómo está ayudando a los demás?


La extensión mínima del escrito será de 10 líneas (si lo haces en el ordenador) y 15 líneas si lo escribes a mano.


Haz un bonito dibujo de la persona a la que admiras para acompañar tu redacción.


Envía tu creación como foto o PDF por correo electrónico.



Para inspirarte puedes ver el siguiente vídeo de la canción Ángeles sin alas, pinchando aquí.

Pinchando na imaxe podedes ver os vosos traballos. 

#HéroesSinCapa

Quero facer un recoñecemento especial ao traballo de Aarón, por non rendirse e entregar unha preciosa redacción.



📰 TRABALLAMOS COA PRENSA📰

 
Pica na imaxe e le o artigo "El aire está más limpio y ya se ven menos gaviotas en Vigo". 
 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2020/04/06/aire-limpio-ven-gaviotas-vigo/0003_202004V6C2992.htm

Fai o kahoot! No que deberás a contestar a preguntas relacionadas coa túa lectura. Lembra que debes xogar só unha vez e indicar o teu nome e curso, por exemplo, Martiño 6ºA.

Kahoot! sobre o artículo de prensa: "El aire está más limpio..."




--------- CIENCIAS NATURAIS ---------

Aproveitaremos esta semana para poñer ao día o noso caderno e facer un interesante experimento,... A que ten boa pinta este plan?
 
https://drive.google.com/file/d/1h2KXcNqi3E_5aV3qSz2kSi9YMHKgBo6V/view?usp=sharing
Pincha na imaxe e accede aos teus apuntes
Podedes ver os vosos experimentos pinchando na imaxe.

https://drive.google.com/drive/folders/1zInwj1lLo5MsrWVSyXNpNkQKJYZM8DQW?usp=sharing



--------- CIENCIAS SOCIAIS---------

Podedes visualizar o traballo de CS para esta semana pinchando aquí.




------VALORES------ 

O mestre Eduardo propuxo a realización desta actividade a semana pasada, para todos aqueles que non a entregaran deben facelo o antes posible.

Visualiza o vídeo "Mi padre es pescador"


Responde á pregunta que atoparás ao final do vídeo "¿Qué podemos hacer tod@s para que haya mares para siempre?". A extensión mínima do teu escrito debe ser de 15 liñas e a data límite de entrega o 13 de marzo. O voso traballo, neste caso, será en lingua castelá.

Envía o teu traballo como foto ou PDF a eduardoalonso@edu.xunta.es e tamén a estefaniapuga@edu.xunta.es (para poder subilos ao blogge).

Podedes visualizar os vosos traballos pinchando aquí.




--------- PLÁSTICA ---------

En plástica faremos papiroflexia e tedes dúas propostas para elixir, ou ben facer un barco que se transforma, ou unha caixa onde gardar obxectos. Podedes escoller unha delas ou facer as dúas.

1º opción: recordaremos como facer a figura do barco de papel, e nesta ocasión a acompañaremos dunha fermosa historia, cal se che ocorre a ti? Anímate a compartila con nós.





2ª opción: aprenderemos a facer unha caixa de papel. Esta manualidade pode ser de utilidade para gardar agasallos pequenos, xa sabes ZeroWaste! Procura reutilizar algúns papeis que teñas por casa.







Podedes ver as vosas creacións pinchando na imaxe.
https://drive.google.com/drive/folders/1t4D5MnnhCLh0cZ96uF_ZCuRBeXDHQtym?usp=sharing




🚢PARA ENTRETERSE 🚢


Para pasalo ben coa familia, en casa, ou con amig@s, mediante videochamada, podedes organizar unha partida de Afundir á frota, o clásico xogo de "disparar", tocar e afundir. 
Precisarás un papel, para debuxar a túa grella, e un  bolígrafo para anotar. Pinchando na imaxe poderás ler todas as instruccións,... Quen gañará a partida?


https://familiaycole.com/wp-content/uploads/2014/06/02-cognitiva-batalla-naval.pdf


💖💖Sección de agradecementos💖💖

Nesta sección quero agradecer a tod@s os alumn@s que ademais de entregar as tarefas diarias, participan en iniciativas voluntarias.
Esta semana quero mencionar a Martín e Rita que fixeron o concurso de talentos que propuxemos durante a corentena e enviaron o cartel e algún dos diplomas feitos en Canva. Moitas grazas polo voso esforzo.

Aquí deixo as súas creacións...



 CARTEL DO CONCURSO



 DIPLOMAS







 
E tamén a Alba, que sempre se mostra moi activa, envía as actividades e pregunta cando ten dúbidas. Ademais, hoxe mandou un precioso puzzle de 500 pezas que fixo coa súa familia. 






A Nerea que xoga á Afundir a frota, a través do whatsApp, que boa idea!





E nos fixo esta preciosa nube... Moitas grazas ;-)






35 comentarios:

  1. Lady Zanahoria (Alias Alba)4/13/2020

    E moi chula a páxina de esta semana

    ResponderEliminar
  2. Bos días Alba! Alégrome de que che guste :-)

    ResponderEliminar
  3. Lady Zanahoria (Alias Alba)4/13/2020

    Xa fixen o Kahoot de boa sorte e puxen o meu nome unha vez poñendo a letra do curso e esa vez non me foi a si que o intentei outra vez

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Alba, xa liches as 19 primeiras páxinas do libro? Que rápida es! Lamento dicirche que tiven que cambiar o enlace do kahoot! Para que estea activo ata o próximo venres, así que terás que volver a facelo, laméntoo... :-(

      Eliminar
  4. Rita Granger4/13/2020

    Bos días Fani. No apartado que fixeches nesta páxina de CN,non aparece o caderno. Xa mirei na propia lapela de CN e no caderno tampouco estaba o novo tema.

    ResponderEliminar
  5. Bos días Rita, estaba acabando de preparalo, agora xa está subido. Un saúdo e moito ánimo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A que é bonita a portada do caderno de Ciencias Naturais?

      Eliminar
  6. Rita Granger4/13/2020

    E mooooi bonita. Grazas

    ResponderEliminar
  7. Rita Granger4/13/2020

    Ola Fani. Eu nin Martín temos transportador de ángulos na casa. Para o exercicio 3 de MT, podemos facelo sen decir a medida dos ángulos?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas tardes Rita, non te preocupes, fainos de forma aproximada ;-)

      Eliminar
  8. Rita Granger4/13/2020

    Grazas

    ResponderEliminar
  9. Queridos alumnos e alumnas, xa sabedes que podedes utilizar os comentarios para facer preguntas ou suxerencias, pero é obrigatorio identificarse, para saber a quen teño que dirixir a resposta.
    Respecto do Diario, podedes interrompelo durante uns días e facelo só cando vos pidamos que escribades nel sobre algún tema en concreto. O diario na corentena non debe ser unha obrigación, só aqueles aos que lles guste facelo ou teñan algo importante que comentar poden utilizalo. Todas as semanas traballaremos a expresión escrita en actividades como as que tivestes que facer hoxe de #HéroesSinCapa.
    Un saúdo e moito ánimo a todos. Estádelo facendo ben!

    ResponderEliminar
  10. Ola Fani non teño o transportador de ángulos na casa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Armindo4/16/2020

      Laura, Podes facelo aproximadamente. Un saúdo.

      Eliminar
  11. Hola, Fani. Son Valeria. Hoxe quixen facer o Quzizz dos triángulos, pero non atopei nada. Busquei noutras lapelas pero nada. Gustaríame que me dixeras onde topalo. Grazas por lelo comentario.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Valeria, o enlace para xogar ao Quizizz está debaixo do Vídeo1 que tiñas que ver hoxe, na sección de matemáticas,... espero que o atopes, senón é así volve a preguntarme, por favor.

      Eliminar
  12. Boas tardes Laura, se non tes transportador de ángulos faino de forma aproximada, seguro que te sae xenial. Un saúdo

    ResponderEliminar
  13. Martiño4/15/2020

    Bos días a quen teño que enviara tarefas de sociais porque non atopo o correo de Viqui.

    Un saúdo Martiño.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Martiño, podes poñerte en contacto con Viqui a través do Correo de edixgal (para Ciencias Sociais) ou na dirección musicatincela@gmail.com, saúdos.

      Eliminar
  14. Rita Granger4/15/2020

    Bos días Fani. A actividade 1 de CN pódese facer a ordenador?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Rita, podes facer a actividade a ordenador, pero pon no teu caderno: "Actividade 1 feita no ordenador", para que quede constancia de que está feita. Un saúdo.

      Eliminar
  15. Rita Granger4/15/2020

    Ola son Rita outra vez. O kahoot da noticia só e para facer o venres ou se pode facer antes?

    ResponderEliminar
  16. Ola Rita, está aberto ata o venres, pero podes facelo antes se queres. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  17. Lady Zanahoria (Alias Alba)4/16/2020

    Fani equivocaches te no das pezas non son 500 son 499 por que falta unha

    ResponderEliminar
  18. Anónimo4/16/2020

    Fani,son Lois,se non podes imprimir a fotografía do experimento de ciencias naturais,como fago?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Armindo4/16/2020

      Lois: Fai unha boa foto e envías.
      Pero coida que se vexa ben

      Eliminar
  19. Lady Zanahoria (Alias Alba)4/16/2020

    Pero non pasa nada non somos perfectos

    ResponderEliminar
  20. fani te mande lo de natu soy Tania

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Tania, xa recibín o teu correo, o teu experimento está xenial, grazas por envialo. Un saúdo.

      Eliminar
  21. no se como se manda non son capaz soy Tania

    ResponderEliminar
  22. Fani cal e o correo de Viqui y de Rosa soy Tania

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Tania:

      -Traballos de inglés, Rosa deixouvos unha nota onde se indica que non requiren devolución, que tedes que facelos e arquivolos ata novo aviso.
      -Contacto con Viqui: podes poñerte en contacto con ela a través do Correo de edixgal (para Ciencias Sociais) ou na dirección musicatincela@gmail.com

      Saúdos

      Eliminar
  23. Fani soy Tania te el hexagono imfinito

    ResponderEliminar
  24. hola soy ikerde 1º de eso

    ResponderEliminar

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.