xoves, 2 de setembro de 2021

COSENDO POLO FUTURO

 

 

Neste curso escolar participamos no Plan Proxecta+, concretamente na sección ESCOLA VERDE, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Pódese ler a relación de centros seleccionados picando no seguinte título.

 

 

 

Unha Escola Verde é un centro comprometido co medio ambiente e que integra a sustentabilidade nas súas accións cotiás, é por iso que o CEIP de Atín-Cela presentou a súa candidatura para ser recoñecido como unha Escola Verde, xa que apostamos polos valores da sustentabilidade e estamos comprometidos co medio ambiente, por iso levamos a cabo dende o curso 2019-20, un proxecto que co título “Refugallo Cero no CEIP de Atín” ten como obxectivo concienciar á comunidade educativa sobre a importancia de reducir o lixo xerado no noso colexio, dar unha segunda vida aos materiais antes de desbotalos e reciclar.

Pódese consultar integramente o proxecto CEIP de Atín-Cela, Cosendo polo futuro, picando na súa portada.

 

As primeiras labores levadas a cabo polo alumnado foron unhas bolsas de tea para que o alumnado de 6º de EI leve os seus traballos trimestrais á casa e un adorno para a árbore de Nadal, que lle enviará o alumnado de sexto de EP aos usuarios de AFAGA cos que se están carteando.

Pódense ler as noticias picando sobre ela. 


 "La Voz de Galicia"

 "Son do Louro"


Tamén se foi recollida nas redes sociais.

 


Estas son as nosas primeiras creacións: 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.