Quero agradecervos que durante este curso cumprírades en todo momento, coas medidas anticovid, e grazas ao voso esforzo, puidéramos rematar o curso sen incidencias destacables. Sentímonos orgullosos, de que fósedes quen, de superar todas as adversidades.
Gustaríme que reflexionásedes sobre o aprendido neste curso, lembrades cando empezamos a traballar cos ordenadores? No primeiro trimestre, entrar na aula virtual ou realizar unha tarefa nun documento libreoffice e gardalo en PDF, era unha auténtica odisea. Sen embargo, no terceiro trimestre, erades totalmente autónomos, e todos e cada un de vós fostes capaces de facelo, sen maiores dificultades.
Ademais
de desexarvos un feliz verán, quero aproveitar para facervos unhas
recomendacións, para afianzar de forma divertida, os coñecementos
aquiridos durante o curso.
Gozade do verán (é obrigatorio).
Despedimos este reto no que cada un de vós loitou por acadar a Conquista da Sabedoría.
Coa axuda do ClassDojo e co voso esforzo diario, fostes adquirindo puntos que permitiron convertirvos nos personaxes favoritos de Harry Potter.
Dende, Neville Longbotton, ata Harry Potter, pelexastes por acadar o máximo nivel de coñecemento e moitos de vós conseguístelo: Fabiola, Iria, Noa, Hiba,... Parabéns!!
Todos os que vos esforzastes, sodes gañadores, os que superastes o último nivel, hai xa varias semanas, e aqueles que quedastes moi cerca de acadalo.
PARABÉNS!
𒐮RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN𒐮
📘Le todo
o que poidas!
Porque a lectura fainos viaxar polo mundo,
coñecer a novos personaxes que se converterán en inseparables amigos e vivir
milleiros de aventuras! Calquera momento é bo, despois de xantar, na praia, na
piscina...
A continuación atoparás varias propostas, e non esquezas que as bibliotecas municipais de Porriño e Mos seguen abertas durante xullo e agosto, non esquezas facerlle unha visita!
📖 Escribe todas as
aventuras do verán!
Durante estes meses viviredes aventuras e momentos que, seguramente non queredes esquecer. A mellor forma de que isto non suceda é recollendo todo nun DIARIO.
Crea un diario de verán, ou continúa o teu, fai que se converta nun amigo inseparable e cóntalle todo aquilo que non queiras esquecer. Recorda que o diario é un tesouro que agacha as túas peripecias, sentimentos, emocións...
Escribe bonito, coida a túa letra e a túa ortografía.
Aprende a debuxar as palabras ou perfecciona a túa técnica de lettering, coa axuda da canle de youtube de la Srta. RocknRoll.
Podes practicar a túa ortografía picando aquí.
📷Nos seguintes vídeos, podes ver unhas propostas diferentes para darlle ao teu diario de verán un toque especial con Scrapbook.
Decora o teu diario |
Como facer a estrutura |
💣RESOLVE MISIÓNS!
Atréveste a ser todo un Hacker e resolver probas, só aptas para especialistas matemáticos? Pincha na imaxe e accede a esta aventura cibernética!
ESCAPE ROOM NIVEL PRO
|
Deixámosvos aquí, varios breakouts, para que poidas repasar os contidos de forma divertida.
📐Dálle á cachola e convértete nun EXPERTO MATEMÁTICO!
Repasa os presentacións genially de matemáticas e volve xogar aos Quizziz feitos ata agora, segue practicando as táboas coa Pandilla Rejilla e tablasdemultiplicar.com tamén podes descargar esta aplicación:
💥Fai MAXIA!
Sabemos todo o que vos gusta a maxia. Por iso, a continuación deixámosvos uns vídeos para aprender algúns trucos.
E se queres seguir mergullándote no mundo da maxia recomendámoste que visites a sección "Los trucos de Jorge Blass", para converterte nun auténtico mago.
Atreve a aprender e a
deixar a todos asombrados!
💫🔭COÑECE O UNIVERSO!
Aproveita as noites de verán para mirar
ao ceo. Se
queres coñecer o nome das estrelas recomendámosvos SKy Map. Con esta
aplicación, so tes que dirixir a pantalla do teléfono cara ao ceo e verás
aparecer as constelacións, planetas, estrelas e resto de elementos, co seu nome.
Podes coñecer outras aplicacións que te axudarán a coñecer o universo picando aquí.
📺Monta o teu propio CINE EN CASA!
Elixe unha película que che apeteza ver, invita a túa familia a que a vexa contigo (podes incluso prepararlle unhas entradas, como se fose un cine de verdade), fai flocos de millo e goza dun momento especial.
En youtube encontrarás máis de 100 películas completas gratuítas.
Tamén, podes coñecer algún xénero novo como a animación xaponesa.
Neste curso falamos de Hayao Miyazaki,
lendario cineasta, por ser o ilustrador favorito de Ledicia Costas.
Anímaste a coñecer máis sobre a súa vida e obra? Podes facelo vendo os
marabillosos documentais que vos deixamos a continuación.
Hayao Miyazaki é un dos fundadores dos Estudios Ghibli, unha das factorías máis prestixiosas que existen no mundo.
Hayao Miyazaki é un dos fundadores dos Estudios Ghibli, unha das factorías máis prestixiosas que existen no mundo.
Estudios Ghibli: la belleza hecha cine
Podes coñecer cales son consideradas as dez mellores películas do Studio Ghibli picando aquí.Deixamos agora dúas últimas recomendacións deste xénero cinematográfico, que non vos podedes perder.
“Your Name” (Kimi No Na Wa), é unha das películas de anime máis exitosas de todos os tempos. É un film extraordinario que non podes deixar de ver.
A última recomendación é "A Silent Voice" (Unha voz silenciosa), un anime dramático sobre o acoso e o aillamento, que te encantará.
👉Aprende
linguaxe de signos!
A Silent voice, a película de animación que te acabamos de recomendar, ten como protagonista a Shouka Nishimaya, unha estudante xorda que utiliza a linguaxe de signos.
Gustaríate saber expresarte utilizando as túas mans? Pois non dubides en picar na imaxe e aprende a falar dunha forma diferente.
🍃🌿Goza da natureza!
Sal a dar un paseo en bici, unha camiñada polo
monte,... Respira o aire puro e déixate envolver pola natureza e
todos os elementos que a compoñen.
Recomendámosche a aplicación Plantyx coa que poderás collecer mellor o mundo vexetal. Só tes que enfocar a cámara do teléfono nunha flor,
árbore ou arbusto e sacar unha foto. A aplicación axudarache a identificala proporcionándoche información detallada sobre ela.
😋Convértete nun auténtico MasterCheff!
Aproveita estes meses de verán para aprender un pouco sobre cociña, elabora cos teus avós, pais, irmáns unha receita e déixaos sorprendidos cun prato que sexa a delicia de todos. A continuación deixámoste dúas canles de YouTube que che permitirá converterte en todo un experto dos fogóns.
✎Saca o artista que levas dentro!
FAI ORIGAMI
Non esquezas todas as figuras que apremos a facer, as inesquecibles 1000 grúas de papel, as figuras xeométricas realizadas na semana matemática e tantas outras creacións. Se queres seguir afondando no mundo da papiroflexia, podes visitar a canle de youtube de Jo Nakashima.
DEBUXA
Goza pintando, polo simple feito de facelo, debuxa o que tes ao teu arredor, un cadro abstracto e todo aquilo que che apeteza.
CREA MANDALAS
Entretente facendo os teus propios mandalas e presume de creacións! Pica na imaxe e accede á canle de Youtube de Camilla Løschbrandt e descobre como.
CREA PULSEIRAS PERSONALIZADAS
Lembras o taller que levamos a cabo na biblioteca escolar para aprender a facer pulseiras? Pois para non esquecelo e poder agasallar aos nosos amigos e familiares con fermosas xoias feitas por nós, podes visitar esta canle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.