O alumnado de sexto de Educación Primaria realizou o martes 5 de abril, unha saída didáctica enmarcada dentro dos Proxectos Ríos e Refugallo Cero, que estamos levando a cabo no noso centro educativo durante o curso 2021-2022.
Á excursión fomos acompañados dos biólogos Paco e Iria da asociación ADEGA, polo especialista coñecedor da zona, Daniel e por Iago de protección civil do Concello de Mos. Aos que agradecemos a súa inestimable axuda.
Saímos do colexio preparados para realizar un recorrido ata o río no que aproveitamos para recoller o lixo que fomos atopando.
Nas proximidades do río vivimos unha auténtica aventura pasando por lugares pouco transitados e con moita vexetación. En todo momento o alumnado mostrou unha actitude colaborativa e solidaria, recollendo os residuos que ían topando e axudando aos compañeiros a salvar as dificultades do camiño.
Cando por fin chegamos ao río Gato foi unha experiencia moi educativa para o alumando poder analizar os invertebrados presentes no río e poder clasificalo en función do atopado, cunha calidade óptima, grazas á clase maxistral dada polos biólogos Paco e Iria.
Foi un día inesquecible que repetiremos moi pronto visitando de novo este querido río para seguir coidando o seu entorno e que así poda ser visitado por todo o alumnado e os veciños da zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.