martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

 

Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”

- Mahatma Ghandi –


 
O 30 de xaneiro é O Día da Paz, e queremos celebralo lembrando a lenda de Sadako, unha nena xaponesa que se converteu nun símbolo de paz en todo o mundo. 

Durante o mes de xaneiro, achegamos ao alumnado a historia e creamos talleres de papiroflexia para que aprenderan a facer grúas de papel na biblioteca escolar.

Na seguinte presentación achégase toda a información de forma detallada. Pódese acceder a ela picando na imaxe.


Os obradoiros na biblioteca para aprender a facer grúas, tiveron unha gran acollida entre o alumando. Picando na imaxe accédese ao vídeo onde se poden ver algunhas das creacións dos nosos obradoiros. Pódense ver algunhas imaxes picando aquí.


 
Para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia, o alumnado de educación infantil e as súas mestras plantaron un ciprés ao carón dunha das portas de acceso ao Atín Cela. Segundo ben nos explicou unha alumna de 4°, disque é unha árbore que invita a vir para quedar e tamén é árbore de vida.
 
É unha árbore que na casa onde estaba, indicaba que podías atopar xantar, bebida ou incluso aloxamento para ti e os teus, segundo  tivese 1, 2 ou 3 ciprés. Símbolo total de hospitalidade!
 
Axudaremos a coidala e a que creza por moitos anos!!
 
 

 
Ademais o alumnado de primaria, pendurou das árbores pombas da paz para celebrar esta data. Pódense ver as fotografías picando aquí. Para gozar do fantástico vídeo picade na seguinte imaxe.
 


💖 Nunha data tan especial a música non podía faltar, achégate ata o blog da aula de música picando aquí.
 
 
 
Da nosa celebración deron conta na páxina web oficial do Concello de Mos. Picando na imaxe pódese acceder á noticia.


E tamén estamos presentes no facebook.

3 comentarios:

  1. Ola, son Martina de 5º A. Gústanme moito os talleres na biblio porque podemos axudarnos uns a outros e eu xa botaba moito en falta cando facía frío ir a biblio porque alí entreteñome lendo. O mércores asistin ao taller de dobrado de cartas e estiven axudando a algúns compañeiros. Escribo por aquí porque o blogue da Biblio non ten para por comentarios.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Teño gañas de chegar a 6º a levar a vosa mochila temática. Harry Potter /forever/!!!!

      Eliminar
  2. Ola Martina, alégrame moito saber que te gustan os talleres. Habilitarei os comentarios do blog da biblio para que podades facer suxerencias. Fíxome moita ilusión recibir as túas mensaxes. Moitas grazas :-)

    ResponderEliminar

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.