domingo, 10 de xaneiro de 2021

 

A PALABRA DO ANO 2020

 

O termo 'nós' foi escollido Palabra do Ano 2020 en Galicia, tal e como o determinou a votación promovida polo Portal das Palabras, a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

Segundo informa a RAG, a segunda clasificada foi a palabra 'seteiro' e a terceira 'gromo', mentres que as seguiron, por esta orde, 'pandemia', 'máscara' e 'vacina',... Ler máis.

Na seguinte presentación atoparás información sobre as palabras escollidas dende o ano 2014 ata a actualidade. Unha vez revisados todos os datos, deberás responder ás preguntas e facer unha reflexión no teu diario.

 


 CAL SERÁ A PALABRA ELIXIDA NO 2021?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.