venres, 18 de setembro de 2020

ATINANDO RECORDOS

 

 


O 21 de setembro conmemorase o DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER, que ten como obxectivo concienciar á sociedade sobre esta enfermidade.

Tal e como nos explicaba a mestra Nerea, o Alzheimer afecta ás partes do cerebro que se encargan da memoria, pensamento e linguaxe. Co paso do tempo dificulta o recordo das cousas básicas e dos nomes ou caras das persoas que os rodean pero poden lembrarse das cousas que facían de pequenos. 

Nos seguintes enlaces poderás atopar un vídeo e un conto con máis información. 

 

Ademais existen actividades que podemos realizar con eles para diminuír o avance desta enfermidade. Con esta finalidade nace “Atinando Recordos”, un proxecto levado a cabo en colaboración coa asociación AFAGA. 

Esta iniciativa, baseada no intercambio de cartas, permitiunos contactar e coñecer máis de cerca a persoas con alzheimer. Durante varios meses fomos intercambiando historias, recordos e anécdotas do día a día. En cada carta iamos contándolle ao noso remitente un pouquiño máis de nós e ao mesmo tempo, a través da lectura da nosa correspondencia, descubriamos cachiños do pasado da nosa contorna: como eran as festas, a escola, os xogos, a música que lles gustaba...

📢📢Queremos aproveitar esta data tan especial para anunciarvos que imos continuar con este proxecto tan bonito!   Así que desempoade os lapis e comezade a escribir as vosas cartas! 📢📢

💌 Recorda que hai alguén esperando lelas! 💌

“Atinando Recordos” é un proxecto tan importante e cheo de maxia que os xornais da nosa comunidade quixeron recoller entre as súas páxinas o que estabamos a levar a cabo. 

  

E tamén saimos na radio! Pincha nas imaxes para escoitar as entrevistas.

         


 

 





1 comentario:

Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.