O noso colexio leva a cabo o proxecto “Atinando Recordos”, que pon en contacto ás persoas con demencia de AFAGA e o alumnado de 6º de EP, a través do envío de cartas.
Esta iniciativa permite estimular as capacidades cognitivas dos usuarios de Afaga ao mesmo tempo que fomenta no alumnado o respecto e a empatía polas persoas maiores.
Os nenos e nenas reciben ansiosos a correspondencia e contestan con moita ilusión.
No mes de marzo realizouse a última entrega de correspondencia. O alumnado creou unhas bolsas de agasallo realizadas nos Obradoiros "Cosendo polo futuro" cada unha delas gardaba unha carta e unha grúa con desexos de paz.
Prepararon unha cesta con todas as bolsas que quedou moi bonita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios. Antes de escribir pensa o que queres dicir, coida o teu vocabulario e a ortografía.