Amosando publicacións coa etiqueta PLAN SEMANAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAN SEMANAL. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de abril de 2020

TAREFA PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL


PLANIFICACIÓN SEMANAL
(Do 14 ao 17 de abril)



Queridos alumnos e alumnas:


Aquí chega a primeira planificación semanal do terceiro trimestre. Nesta ocasión só están programados catro días, posto que o luns non é lectivo.

É importante que sigades facendo as tarefas diarias programadas e cumprindo os prazos marcados.

Xa sabedes que podedes consultar as vosas dúbidas a través dos comentarios ou enviando un correo electrónico.


Ánimo! Estamos xuntos nisto! 




domingo, 29 de marzo de 2020

TAREFA PARA A SEMANA DO 30/03 AO 03/04



PLANIFICACIÓN SEMANAL
(Do 30 de marzo ao 03 de abril)


Queridos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria:

Como seguimos de corentena, e aínda non podemos volver ao colexio, enviamos a planificación desta semana que vai dende o luns, 30 de marzo ao venres, 3 de abril. Lembrade que a semana do seis ao dez de abril é Semana Santa e non eviaremos a planificación semanal, aínda que se poden propoñer actividades lúdicas de realización voluntaria.

Quero felicitarvos a todos e todas polo ben que traballastes durante esta semana. Sentímonos orgullosos de que sigades vendo o blogge a diario, facendo os exercicios, enviando os correos, aprendendo a gardar os vosos documentos en PDF, facendo manualidades, exercicio en casa,... e todo isto cunha actitude positiva, sempre cun sorriso na cara e axudando as persoas que máis vos precisan.

Seguide así!

https://drive.google.com/file/d/1uD1B_yAjvh9PiJ0NYlkM2_mbU_PCE4Gu/view?usp=sharing


domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFA PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO


Queridos alumnos e alumnas:

Para facer un seguimento do voso traballo cremos necesario planificar as tarefas concretas a realizar cada día. Na seguinte grella podedes ver ordenados os vosos traballos para esta semana. Intentade ser constantes, traballar todos os días e non vos esquezades de mantervos activos e optimistas, só así venceremos... Moito ánimo!!

https://drive.google.com/file/d/1j0ZECgAvLzFy0ijjD4dckA11eLACbm5L/view?usp=sharing